HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López convida a descubrir a provincia do deporte a través de...

Luis López convida a descubrir a provincia do deporte a través de eventos de longa traxectoria como o torneo alevín de fútbol 7 Galo Cup de Vila de Cruces

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial participa na presentación da edición número 15 dun campionato que atrae á comarca do Deza ás mellores canteiras de Galicia e Portugal

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recoñece a contribución de entidades como o SD Cruces, concellos como o de Vila de Cruces e campionatos como o torneo alevín de fútbol 7 Galo Cup para consolidar ás Rías Baixas como a provincia do deporte. Fíxoo na presentación da edición número catorce deste evento que se celebra a vindeira fin de semana neste concello do Deza. “Un evento que é unha de referencia no calendario deportivo da comarca, do deporte de base e unha cita internacional moi agardada cada ano. E, claro está, unha mostra máis de que: Somos a provincia do deporte”, asegurou o mandatario provincial, que vén de participar na presentación do evento.

O Torneo Alevín de Fútbol 7 Galo Cup, promovido pola SD Cruces, celebra este ano a súa edición número 15. Trátase dun evento no que participan 15 das mellores canteiras de Galicia e Portugal, así como outras de referencia no panorama nacional como Las Palmas ou Ponferradina. O día 20 de setembro botará a rodar o balón dun campionato que porá sobre Vila de Cruces todos os ollos do fútbol base da península. “Un torneo que fai soñar a rapazada con acadar o seu soño de ser estrelas do fútbol, ao tempo que estreitan lazos de amizade e deportividade, que cumpre 15 anos de éxito grazas ao bo facer da directiva e que é escaparate da provincia do deporte, un polideportivo ao aire libre composto por 61 concellos para a práctica do deporte”, afirmou López, sobre un campionato que conta co apoio do organismo provincial.

O presidente provincial tamén puxo en valor a calidade das instalacións deportivas da provincia, á cuxa mellora contribúe a Deputación a través dos investimentos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que mobilizou 12 millóns de euros en dous anos, dos que a Vila de Cruces lle corresponderon máis de 150.000 euros.

Despois de recoñecer o labor de entidades como o SD Cruces tanto na organización deste tipo de eventos como no fomento do deporte de base, o presidente convidou a todo o mundo a que se achegue o vindeiro 20 de setembro a Vila de Cruces para desfrutar “do fútbol base e da provincia do deporte”.

Publicacións Relacionadas