Home A Paradanta A Cañiza Luis López destaca un esforzo de máis de 900.000 euros da Deputación...

Luis López destaca un esforzo de máis de 900.000 euros da Deputación para mellorar infraestruturas deportivas da Cañiza como o campo de fútbol de Augas Férreas

- Anuncio -

O presidente provincial visita o concello da Cañiza para inaugurar o campo de fútbol, no que a Deputación investiu 630.000 euros para financiar unha reforma integral

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou este venres o investimento por parte do organismo provincial de máis de 900.000 euros en equipamentos deportivos no Concello da Cañiza con motivo da súa visita a este municipio da comarca do Paradanta para participar na presentación das categorías inferiores do CF Cañiza e na inauguración do reformado campo de fútbol de Augas Férreas, unha obra valorado en 630.000 euros financiada ao 100 % pola Deputación a través da conxugación dos programas PON2030 e +Provincia. “O municipalismo que rexe a acción desta Deputación non se limita só ao ámbito deportivo, a través de programas como o +Provincia poñemos a disposición do Concello recursos para facer realidade moitos máis proxectos”, explicou Luis López sobre un programa que achega un total de 640.000 euros para executar obras, fomentar o emprego e cooperar co gasto corrente do Concello.

A reforma do campo de fútbol de Augas Férreas, que supuxo o investimento de 480.000 euros a través do PON2030 e de 150.000 euros correspondentes ao +Provincia, serviu para renovar o céspede artificial, o sistema de rego, a iluminación do terreo de xogo, o illamento dos vestiarios e a mellora da eficiencia enerxética da instalación. “Este campo de fútbol de Augas Férreas é a principal mostra do compromiso da Deputación coas instalacións deportivas na Cañiza”, afirmou o presidente.

Pero a colaboración da Deputación en materia deportiva co Concello da Cañiza vai maís aló e inclúe tamén outras actuacións a través do plan + Provincia como a reforma das pistas de tenis municipais (96.600€), o acondicionamento do ximnasio municipal (56.400€) ou a xeración eléctrica fotovoltaica para a piscina (81.600€), así como a ampliación da cuberta das pistas de pádel cunha achega de 45.560 euros ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. “Resultou ser un completo acerto”, salientou Luis López sobre este programa que serviu para renovar os equipamentos deportivos da provincia a través da inxección de 4 millóns de euros.

Despois de recoñecer o traballo realizado polo goberno local para mellorar a calidade de vida da veciñanza, o presidente Luis López tendeu a man da Deputación para seguir prestando a máxima colaboración posible ao Concello e seguir mellorando os servizos e infraestruturas para afrontar grandes desafíos como o do reto demográfico.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Publicacións Relacionadas