Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López enxalza o compromiso pola protección e difusión da cultura galega...

Luis López enxalza o compromiso pola protección e difusión da cultura galega na Arxentina que realizan a diario os colectivos de galegos residentes en Bos Aires

0
5

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, enxalza o compromiso pola protección e difusión da cultura galega na Arxentina que realizan a diario os integrantes de entidades como o Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires. Fíxoo nunha nova xuntanza con representantes da colectividade galega en Bos Aires coa que o mandatario provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e o deputado de Cultura, Jorge Cubela; desexa estreitar os lazos que unen á comunidade galega a un e outro lado do Atlántico, nunha serie de encontros con colectivos do eido cultural social e económico enmarcados nunha viaxe institucional a Bos Aires e Montevideo co obxectivo central, xa cumprido, de oficializar a cesión do cadro de Castelao “A derradeira lección do mestre” ao Museo de Pontevedra.

“Este encontro entre irmáns das familias do Deza y de tantos outros concellos da provincia que coa emigración ampliaron as súa parroquias e aldeas ata a outra beira do Atlántico non é máis ca  celebración do que nos une”, afirmou o dirixente nun encontro no que o mandatario provincial puxo en valor a determinante achega da comunidade pontevedresa de Arxentina ao crecemento tanto da provincia de Pontevedra como do conxunto de Galicia.