HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López fai balance das 350 obras transformadoras do +Provincia deste ano:...

Luis López fai balance das 350 obras transformadoras do +Provincia deste ano: de 104 actuacións en vías a 26 humanizacións para mellorar os concellos

- Anuncio -spot_img

O presidente sinalou, ademais, que o plan permitiu impulsar 35 reformas, 28 actuacións de saneamento, 20 compras de terreos, 19 actuacións en instalacións deportivas e 15 en parques, entre outras

“48,2 M€, 660 empregos creados e 350 obras impulsadas, que están a transformar a provincia de Pontevedra como nunca antes se fixera, dotando aos concellos da maior cantidade de recursos da historia da Deputación para que a nosa veciñanza viva en mellores condicións e teña mellores servizos e oportunidades”, remarcou o presidente

Luis López asegurou que, tal e como se adiantou no comezo do curso político, “o vindeiro ano este plan rachará un novo teito e alcanzará os 50 M€”

Luis López acaba de confirmar que está xa completa a adxudicación da totalidade dos recursos do Plan +Provincia: 48,2 M€ para os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia que están a permitir, entre outras moitas cuestións, impulsar 350 obras. “Trátase dun plan útil, que creou 660 empregos e vai poñer en marcha 350 obras que están a transformar a provincia de Pontevedra como nunca antes se fixera, dotando aos concellos da maior cantidade de recursos da historia da Deputación para que a nosa veciñanza viva en mellores condicións e teña mellores servizos e oportunidades”, remarcou o presidente. “O vindeiro ano- recordou López- o plan rachará un novo teito e alcanzará os 50 M€”.

López detallou que se acaban de distribuír os 35,4 M€ da liña 1, de investimentos, que van permitir que os 59 concellos da provincia impulsen ata 350 obras por valor de máis de 75,1 M€. Trátanse, tal e como explicou o presidente, de 350 “obras transformadoras” que suporán realizar 104 actuacións na rede viaria, 35 reformas e rehabilitacións, 28 actuacións de saneamento e depuración, 26 humanizacións, 20 adquisicións de terreos, 19 instalacións deportivas, 15 parques e xardíns, 15 actuacións de mellora paisaxística, 14 dotacións de mobiliario, 11 urbanizacións, 10 adquisicións de vehículos, 10 actuacións de seguridade viaria, 9 melloras do abastecemento e tamén obras de accesibilidade, de eficiencia enerxética, de mellora do tratamento de residuos e do alumeado, edificacións novas ou, entre outras moitas, a instalación de elementos de xogo e deporte.

Aos recursos da liña 1, de investimentos, engádense os 8,2 M€ da liña 3, de emprego, que serviron para contratar a 660 persoas desempregadas, e tamén xa se distribuíron os recursos das liñas 2, de gasto corrente, e 4, para a redacción de proxectos para a transformación da mobilidade en zonas rurais e urbanas, dotados con 4,6 M€.

Publicacións Relacionadas