HomePontevedraCaldasLuis López fai entrega ao alcalde de Valga dun estudo desenvolvido pola...

Luis López fai entrega ao alcalde de Valga dun estudo desenvolvido pola oficina +Renovables da Deputación que pon en valor o potencial enerxético do municipio

- Anuncio -spot_img

“Valga presenta un potencial de xeración de enerxía renovable alto”, subliñou o presidente quen destacou ademais que  a localidade conta con condicións favorables para o desenvolvemento dunha comunidade enerxética local

O concello conta tamén con puntos positivos en canto á enerxía eólica, á biomasa, ao biogás e á xeotermia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co deputado de Fondos Europeos, Javier Tourís, acaba de entregar ao alcalde de Valga, José María Bello, o estudo de potencial enerxético do municipio desenvolvido polo organismo provincial a través da Oficina de Transformación Comunitaria +Renovables. López remarcou que, segundo o informe elaborado pola Deputación, “Valga presenta un potencial de xeración de enerxía renovable alto” e conta con condicións favorables para o desenvolvemento dunha comunidade enerxética local.

O estudo detalla que a implantación dunha infraestrutura de autoconumo colectivo fotovoltaico como a formulada polo Concello de Valga, aproveitando os edificios municipais, permitiría reducir ata 53T/ano de emisións de dióxido de carbono, mellorar a calidade do aire e tamén impulsar a xeración de emprego local. Pero, ademais, o informe tamén conclúe que a localidade ten potencial solar fotovoltaico como para producir enerxía para superar o consumo eléctrico actual.

Ademais, o estudo elaborado por +Renovables tamén valora outras fontes de produción de enerxía renovables como a eólica, destacando que a localidade ten zonas con capacidade para a miniéolica ou a gran eólica. No que respecta ás explotacións forestais, poderíase extraer un equivalente térmico para a produción de biomasa que podería cubrir un 11% da demanda térmica das vivendas e cuxa viabilidade depende da escala e dunha xestión forestal sostible. En canto ao biogás, con todos os residuos xerados nas explotacións gandeiras de Valga poderíase valorar pequenas instalacións de autoconsumo e, no que respecta á xeotermia, o concello ten tamén oportunidades para proxectos a pequena escala.

A través de +Renovables a Deputación de Pontevedra está a fomentar e impulsar a creación e o desenvolvemento de comunidades enerxéticas nos municipios da provincia, alcanzando tanto núcleos urbanos, como rurais e industriais. Ademais, a oficina provincial tamén está a espallar medidas e iniciativas para impulsar a eficiencia enerxética e loitar contra o cambio climático na provincia.

Publicacións Relacionadas