Luis López fai entrega das axudas do programa +Aqua a oito comunidades de auga da contorna do Salnés e Arousa

adminON
Lectura mínima de 1

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, fixo entrega a ás comunidades de auga beneficiarias do Plan +Aqua da contorna do Salnés e Arousa dos documentos acreditativos destas axudas. Nesta zona son oito as entidades de catro concellos (Meis, Ribadumia, Valga e Vilagarcía) que se benefician deste plan.

En total, as entidades reciben preto de 80.000 € para desenvolver proxectos relacionados coa mellora das infraestruturas e instalacións de auga comunitaria; implantación de sistemas de dixitalización e eficiencia enerxética que melloren a calidade da auga; a modernización dos sistemas de tratamento; a legalización das novas concesións ou renovación das existentes ou a mellora das captacións e sistemas de almacenamento.

Comparte este artigo