HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López felicita aos artífices do “Faro da Escola” pola súa contribución...

Luis López felicita aos artífices do “Faro da Escola” pola súa contribución a unha sociedade máis crítica e mellor informada nunha visita á sede do Faro de Vigo en Chapela

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destaca a transcendencia de iniciativas sociais como o programa Faro da Escola por unha traxectoria de dez anos inculcando os valores do xornalismo nas xeracións máis novas. Fíxoo na sede do xornal Faro de Vigo en Chapela, onde asistiu ao acto de impresión do último número do suplemento Faro da Escola que leva editando o xornal desde hai unha década. Unha iniciativa pola que o mandatario provincial felicitou tanto aos dirixentes de Faro como a todos os membros da comunidade educativa —estudantes, mestres e ANPAS— pola súa contribución para construír unha sociedade máis crítica e mellor informada.

Publicacións Relacionadas