test
Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López informa ao alcalde de Crecente dun apoio superior aos 800.000...

Luis López informa ao alcalde de Crecente dun apoio superior aos 800.000 euros a través do +Provincia, do Plan de Infraestruturas Deportivas e do PON2030

- Anuncio -

O presidente provincial mantivo unha reunión co rexedor Julio César García-Luengo na lle avanzou que o compromiso da Deputación para a construción dunha senda peonil na EP-5005 desde o centro urbano ata o centro residencial das Esclavas da Virxe Dolorosa

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou ao alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, dun apoio de máis de 800.000 euros por parte do organismo provincial neste Concello ao abeiro de plans como o +Provincia, o PON2030 ou o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. No encontro, que tivo lugar este luns no despacho presidencial do Pazo provincial, ambos os dirixentes analizaron outros asuntos de interese mutuo para ambas as administracións o López adiantou a disposición do goberno provincial para a construción dunha senda peonil na EP-5005, nun treito de 750 metros entre o centro urbano e o centro residencial das Esclavas da Virxe Dolorosa.

“Repasamos os fondos do +Provincia, no que Crecente tivo un incremento de 75.000 euros máis con respecto ao ano 2023 en base a ese novo criterio que incluímos para premiar a eses concellos que tiveran un maior envellecemento e unha maior perda de poboación”, destacou Luis López ao remate da reunión.

Relacionado coas estradas provinciais que cruzan este municipio, os dirixentes estudan tamén as opcións de levar a cabo a mellora íntegra da seguridade viaria e da mobilidade peonil nun treito antigo de 1.350 metros da EP-5005 entre Pouso e A Cañiza. “Estamos vendo as pautas para darlle un impulso a este proxecto ambicioso e transformador, que levará os seus tempos pero viría a cambiar por completo a entrada ao núcleo urbano de Crecente”, salientou o presidente.

Un dos principais asuntos tratados no encontro foi o proxecto para a renovación dos equipamentos do campo de fútbol de Crecente, unha obra orzamentada en 428.500 euros e que será financiada ao 100 % por parte da Deputación a través do programa PON2030, polo que o organismo provincial achega uns 364.000 euros; e do +Provincia, co que o goberno de Luis López cubre a aportación municipal marcada no convenio de colaboración que ascende a 64.200 euros. Neste sentido, ambas as entidades estudan a posibilidade de dotar de céspede artificial a esta infraestrutura.

Correspondente á Liña 1 para investimentos do +Provincia, o presidente informou ao rexedor da aprobación dunha subvención de 127.000 euros para levar a cabo traballos de pavimentación nos lugares de Ameixeira, Padrosos e Quintas. Ademais, a través da Liña 3 para o fomento do emprego, Crecente recibe 94.500 euros para a contratación de sete persoas. Do mesmo xeito, correspóndenlle 40.800 euros a través da Liña 2 de apio ao gasto corrente e 12.300 euros para a redacción de proxectos transformadores da Liña 4.

Ademais do +Provincia, a Deputación tende pontes co Concello de Crecente a través do Plan de Infraestruturas Deportivas, polo que achega uns 30.000 euros para a mellora das instalacións e a remodelación da piscina municipal.

Por outro lado, a Deputación colabora co Concello de Crecente noutros eidos como as políticas sociais coa achega de 43.260 euros para sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e coa aportación de 12.300 euros en Axudas Básicas de Emerxencia, que serven para atender as demandas da veciñanza en situación de exclusión social.

Este encontro institucional entre o alcalde Julio César García-Luengo e o presidente Luis López, que forma parte da serie de reunións de traballo que o mandatario provincial está a manter con rexedores de todo o territorio, transcorreu nun clima de cordialidade no que López puxo en valor o labor do alcalde. “As magnificas instalacións que hai en Crecente son froito do traballo do alcalde, que presenta proxectos maduros e serios aos que non se pode dicir que non”, rematou o presidente provincial.

Relacionadas

Lete Lasa sinala que Moaña será o o epicentro do ciclismo galego ao acoller...

0
_Destaca a participación de 200 ciclistas nestes Campionatos e sinala o nome de Alejandra Neira, do Club Ciclista Cambre, que con tan só 16...

Luis López destaca a importancia de produtos innovadores como Tintilán, o bus turístico do...

0
O presidente provincial participa en Sanxenxo xunto co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na presentación dun proxecto piloto que se estreará este verán na...

Soutomaior acollerá o 13 de xullo a primeira edición do Festival ‘Son das Alvedosas’

0
O Concello de Soutomaior, da man da asociación cultural e xuvenil ‘Irmandiñas de Soutomaior’, organiza este evento musical e cultural. A concelleira de Xuventude, Rosana...

Unha viaxe de fantasía na procura das raíces coa Aula Municipal de Teatro do...

0
O alumnado rematará o curso subíndose ao escenario do auditorio municipal este venres 28 ás 21.00 horas Representarán ‘Vila Marabilla’, un espectáculo froito da creación...

Luis López adianta ao alcalde da Cañiza unha axuda de case 100.000 euros para...

0
O presidente provincial informou ao rexedor Luis Antonio Gómez Piña de investimentos por valor de máis de 1,3 millóns de euros ao abeiro de...

Rafa Domínguez presenta “Xulio Gil. Insercións” e remarca a calidade e beleza das pezas...

0
O vicepresidente provincial subliñou que “esta nova publicación contribuirá a completar o amplo catálogo do servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra” Participaron no acto...

Publicacións Relacionadas