A Cañiza, A Guarda, Arbo, As Neves, Baiona, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela, Salceda, Salvaterra, Soutomaior, Tomiño e Tui contarán con estes recursos para construír e mellorar instalacións deportivas ou adquirir novos equipamentos e para obras e servizos de competencia municipal
“Queremos seguir avanzando conxuntamente nun modelo de cooperación e lealdade institucional que permita desenvolver as múltiples potencialidades da provincia”, asegurou o presidente provincial
Pazo provincial, 10 de xaneiro do 2025. Os concellos de Arbo, Baiona, A Cañiza, Covelo, Crecente, Fornelos, Gondomar, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos, Ponteareas, O Porriño, Redondela, O Rosal, Salceda, Salvaterra, Soutomaior, Tomiño e Tui recibirán este ano 23 millóns de euros para investimentos través do +Provincia da Deputación, o plan de obras e servizos de competencia municipal, do que lles corresponden máis de 19,7 millóns de euros, e do II Plan de Infraestruturas Deportivas, con 3,3 millóns. O presidente Luis López explicou que onte se dirixiu por carta aos alcaldes e alcaldesas da zona para informarlles da asignación dos recursos de ambos plans, así como do Plan Extra. “Queremos seguir avanzando conxuntamente nun modelo de cooperación e lealdade institucional que permita desenvolver as múltiples potencialidades da provincia”, asegurou o presidente provincial, que lembrou ademais que “se 2024 foi o ano no que puxemos as bases do proxecto municipalista, en 2025 imos bater récords de apoio aos pequenos e medianos concellos cando máis se precisa”.
A cifra histórica de 48,2 millóns de euros distribuirase entre os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia a través de catro liñas. A primeira delas, dotada con 33,74 millóns de euros vai destinada a investimentos; a segunda, con 4 millóns, céntrase no gasto corrente dos concellos; a terceira, de 9,25 millóns, para a activación do emprego e a cuarta e novidosa liña, dotada con 1,2 millóns, para proxectos transformadores relacionados coa mobilidade.
No caso da zona de Vigo e o sur da provincia os 19.710.626 euros que recibirán os seus concellos permitirán destinar ata 13,8 millóns de euros a novos investimentos, 1,63 millóns de euros a gasto corrente, 3,78 millóns de euros a fomentar o emprego e 492.765 euros a proxectos transformadores relacionados coa mobilidade. Para facilitar a xestión dos recursos, o Plan +Provincia permite flexibilizar o traspaso de crédito entre liñas, de tal forma que poderá traspasarse o 100% das liñas 2,3 e 4 á liña 1; ata o 60% da liña 3 á liña 2; e entre o 30% e con carácter extraordinario ata o 50% da liña 1 á liña 2 de acordo cos requisitos establecidos nas bases publicadas o pasado mércores no Boletín Oficial da Provincia. Ademais, tamén se incorpora por vez primeira o criterio de reto demográfico para ponderar o impacto do envellecemento e a perda de poboación nos últimos dez anos.
Tendo isto en conta, A Cañiza recibirá 633.639 euros, A Guarda 745.958 euros, Arbo 516.631 euros, As Neves 629.523 euros, Baiona 1.039.512 euros, Covelo 578.975 euros, Crecente 496.571 euros, Fornelos de Montes 471.883 euros, Gondomar 1.115.256 euros, Mondariz 600.160 euros, Mondariz-Balneario 312.963 euros, Mos 1.085.278 euros, Nigrán 1.118.192 euros, O Porriño 1.100.957 euros, O Rosal 652.030 euros, Oia 528.156 euros, Pazos de Borbén 475.521 euros, Ponteareas 1.276.869 euros, Redondela 1.243.975 euros, Salceda de Caselas 745.400 euros, Salvaterra de Miño 1.177.159 euros, Soutomaior 517.655 euros, Tomiño 1.386.828 euros e Tui 1.161.484 euros.
II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas
Por outra banda, o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas ascende nesta edición a 8 millóns de euros, o dobre que na pasada, aos que poden optar todos os concellos da provincia agás Pontevedra e Vigo, que se rexen por convenios específicos. As bases do plan establecen que os recursos serán distribuídos nunha parte fixa a repartir entre os concellos (4,42 millóns de euros) e noutra variable en función da poboación (3,57 millóns de euros). Deste xeito, o concello da Cañiza pode beneficiarse de 107.033 €, o da Guarda de 137.921 €, Arbo de 91.659 €, As Neves de 98.531 €, Baiona 153.082 €, Covelo 90.268 €, Crecente 87.448 €, Fornelos de Montes 85.365 €, Fondomar 169.671 €, Mondariz 102.968 €, Mondariz-Balneario 79.424 €, Mos 169.879 €, Nigrán 188.564 €, O Porriño 204.404 €, O Rosal 115.473 €, Oia 94.535 €, Pazos de Borbén 93.836 €, Ponteareas 220.7171 €, Redondela 257.111 €, Salceda de Caselas 134.290 €, Salvaterra de Miño 139.658 €, Soutomaior 122.849 €, Romiño 162.075 € e Tui 184.045 €. Con estes fondos poderán construír novas instalacións e espazos públicos de uso deportivo, incluídas as cubertas destes espazos; modernizar, remodelar ou mellorar as instalacións deportivas; dotar de equipamentos ou material deportivo estas instalacións; ou adquirir terreos destinados a uso deportivo.
As bases do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas contemplan que ditas actuacións deportivas deberán ser superiores aos 20.000 euros ou, no caso da compra de material, un mínimo de 6.000 euros. Ademais, os investimentos deberán estar executados na súa totalidade o 30 de abril de 2025 e as axudas son compatibles con outras subvencións, polo que os Concellos poderán contar con achegas doutras administracións sen que a contía do organismo provincial se vexa reducida.