HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López participa na Exposición da Camelia que organiza cada ano a...

Luis López participa na Exposición da Camelia que organiza cada ano a comunidade educativa do CEP Campolongo

- Anuncio -spot_img

A Estacion Fitopatolóxica do Areeiro, centro dependente da Deputación e referencia na investigación arredor da camelia, recibiu un dos premios desta xornada escolar

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e o deputado responsable da Finca Areeiro, Javier Tourís; vén de visitar esta tarde a vixésimo terceira Exposición da Camelia que organiza cada o colexio de Educación primaria Campolongo. O mandatario provincial percorreu os distintos postos que poñen en valor a tradición da flor das Rías Baixas en todo o territorio provincial, foi espectador das actuacións de música e poesía levadas a cabo polo alumnado e conversou cos estudantes sobre a orixe e funcións da “flor da provincia”.

O presidente lembrou a participación da Deputación no Congreso Internacional da Camelia celebrado hai una semana en Xapón e que o goberno provincial aspira a organizar no ano 2031 de forma conxunta entre a provincia e a cidade portuguesa de Lousada.

Así mesmo, o labor de investigación arredor da camelia que se está a desenvolver na Estación Fitopatolóxica do Areeiro, un centro de referencia internacional dependente da Deputación, recibiu un dos premios desta xornada escolar de divulgación sobre a camelia.

Publicacións Relacionadas