O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asiste á inauguración das instalacións en Pontevedra de Salmoira, unha empresa innovadora de salgadura de peixe e produtos do mar que gañou este ano o premio a mellor iniciativa empresarial do programa provincial Smart Peme. Un programa que, a través da súa participación na aceleradora de empresas, serviu para facer madurar un proxecto que ofrece experiencias gastronómicas e turísticas na provincia.
O mandatario provincial participou no acto inaugural da empresa que consistiu na presentación do proxecto e unha cata de produtos do mar en salgadura.