Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López presenta o plan de acción da Deputación para converter os...

Luis López presenta o plan de acción da Deputación para converter os castelos de Soutomaior e Sobroso en “bastións” dun turismo de calidade e desestacionalizado

- Anuncio -

O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, dá a coñecer os obxectivos dunha campaña de catro anos para consolidar os castelos da provincia como grandes referencias do destino Rías Baixas

A estratexia contempla oito liñas de actuación con propostas desestacionalizadas e pensadas para un público familiar como rutas de sendeirismo e BTT, concursos de fotografía, sesións de ioga, obradoiros artísticos, actividades temáticas ou visitas guiadas

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presenta a nova estratexia da Deputación para converter os castelos de Soutomaior e Sobroso, de titularidade provincial, nos “bastións” do modelo de turismo de calidade e desestacionalizado que ofrece as Rías Baixas. Acompañado pola deputada de Turismo, Nava Castro, o mandatario provincial deu a coñecer no Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, as liñas mestras dun plan de divulgación destes dous “emblemas” da provincia estruturado en oito liñas de actuación, cun horizonte de catro anos e un investimento próximo ao millón de euros. “Nas Rías Baixas temos tesouros ocultos ou menos coñecidos, dúas xoias aínda por descubrir: son os castelos de Soutomaior e Sobroso. Esta convocatoria vai de axudar a que os de dentro e os de fóra descubramos a historia, a beleza e as múltiples posibilidades destes dous emblemas da nosa provincia”, explicou o presidente Luis López.

Trátase dunha ferramenta de planificación que inclúe accións concretadas e calendarizadas pensadas principalmente para un público familiar. As iniciativas plantexadas diríxense a un perfil de visitante nacional, fundamentalmente galego, de 31 a 64 anos de idade con inquedanzas culturais e de ocio. Con esta premisa, a campaña persegue ampliar o coñecemento dos bens destes castelos como son os seus xardíns ou os seus viñedos e explorar as posibilidades de potenciar a súa presenza en medios de comunicación e redes sociais e abrilo a un turismo deportivo, cultural, de congresos ou de ocio. “Queremos convertelos en bastións do turismo de calidade das Rías Baixas”, resumiu o dirixente. Para conseguir o obxectivo, o plan está estruturado en oito liñas de actuación que abren a posibilidade de ofertar actividades como: roteiros de BTT ou sendeirismo, sesións de ioga, visitas escolares, presentacións a colectivos, scape rooms, obradoiros de poesía e pintura ao aire libre ou concursos de fotografía, entre outras moitas propostas.

“Cando falamos de plans, pensamos en fins de semana de descanso e descubrimento. Ese é un dos nosos obxectivos, que os castelos sexan parte do noso plan. Para iso, mesturamos ideas innovadoras con accións concretas para que os castelos se consoliden como símbolos emblemáticos das Rías Baixas e acaden o recoñecemento que merecen a nivel local, nacional e mesmo internacional”, expuxo a deputada de Turismo, Nava Castro. “Toda unha amalgama de medidas que teñen os castelos no centro, cunha mensaxe forte: ‘temos un plan para os castelos, só faltas ti”, engadiu o presidente Luis López desvelando o lema dunha campaña que xa pode verse en redes sociais ou vallas publicitarias.

Non é a primeira acción que o goberno provincial pon en marcha para divulgar os castelos da provincia e consolidalos como referencia do patrimonio cultural e histórico das Rías Baixas. De feito, o ano 2023 foi de histórico para o de Soutomaior con case 39.000 visitas e neste mes de agosto bateu o récord absoluto de asistencia. Ademais, a Deputación obtivo 2,5 millóns de euros de fondos europeos para renovar a iluminación e promove eventos de gran demanda como o samaín ou as catas de viño. Do mesmo xeito, en Sobroso, que a estas alturas de ano xa suma 2.000 visitas máis que o total do ano anterior, está en marcha o Plan Director, dotado con 1,5 millóns de euros, para mellorar toda a contorna, “Desde hai tempo vimos traballando intensamente para que os Castelos teñan a proxección que merecen”, puntualizou López.

“Cantos tesouros hai no mundo e, sen embargo, que pouco temos que envexar a ninguén”, reflexionaba o presidente Luis López para animar a todo o mundo a que descubra estes castelos de Soutomaior e Sobroso “e os aprecio como nós os apreciamos na Deputación”, rematou.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a “vangarda” do Centro de Procesado Avícola de Coren e a...

0
O presidente da Deputación visitou as instalacións do Centro de Procesado Avícola, en Santa Cruz de Arrabaldo, onde traballan máis dun millar de empregados Menor...

A Xunta pon en marcha o novo polo de Vilanova de Arousa, consolidando con...

0
― José González puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que prestou axuda a máis de 2.800 proxectos...

O Concello de Baiona celebra o seu magosto popular

0
A zona vella de Baiona acollerá este sábado 16 de novembro de 2024, un tradicional magosto popular. O evento terá lugar na carpa instalada...

Escape Room “Rexeita os malos tratos” no IES Primeiro de Marzo

0
Mais de 200 alumnos e alumnas do IES Primeiro de Marzo participan esta semana na actividade Escape Room educativo “Rexeita os malos tratos”, organizada...

Alumnado de 4º da ESO asistiu hoxe a unha nova proxección do programa O...

0
A través do cine traballarán na importancia do deporte, a inclusión, as redes sociais, a discapacidade intelectual e os videoxogos O cinema coma ferramenta educativa...

Sindy Takanashi e Diana López conversarán en Marín sobre ciberacoso, violencia sexual e machismo...

0
O coloquio feminista entre a creadora de contidos e a xornalista será o 21 de novembro ás 19.30 horas no Museo Torres e forma...

Publicacións Relacionadas