HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López reforza o compromiso da Deputación co sector do mar e...

Luis López reforza o compromiso da Deputación co sector do mar e coa mocidade cun convenio para que estudantes do IGAFA se especialicen en acuicultura no estranxeiro

- Anuncio -spot_img

O mandatario provincial, acompañado polo deputado Marcos Guisasola, asina un acordo coa conselleira do Mar, Marta Villaverde, para financiar con 15.000€ as prácticas do alumnado deste centro da Illa de Arousa en entidades de referencia mundial neste sector

“Reafirmamos o noso compromiso con todo o que ten que ver coa sustentabilidade, a cadea mar industria e co talento da poboación máis nova da provincia”, afirma López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reafirma o compromiso do organismo provincial coa formación da mocidade da provincia a través da sinatura dun convenio coa Consellería do Mar para ofrecer aos estudantes do centro que o IGAFA ten na Illa de Arousa a posibilidade de realizar prácticas laborais en empresas ou institucións doutros países coas que avanzar na súa especialización en eidos como a acuicultura ou o mergullo profesional. O mandatario provincia asinou este martes no vestíbulo do Pazo provincial un acordo coa conselleira Marta Villaverde para financiar con 15.000€ a estancia dos bolseiros nos seus destinos. “Hoxe asinamos un novo convenio coa Xunta de Galicia, unha administración coa que tendemos pontes e imos da man en cuestións importantes para a provincia como é todo o que ten que ver co mar e coa mocidade”, afirmou o presidente Luis López, despois de dar a benvida á conselleira na súa primeira visita institucional á Deputación de Pontevedra.

O acordo ten como obxectivo facilitar a realización de prácticas do alumnado do Instituto Galego de Formación en Acuicultura, que conta cun centro na Illa de Arousa, en países estranxeiros que sexan referencia nestas ramas profesionais co obxectivo de avanzar na súa especialización. A Deputación asume con 15.000€ o custo da estancia dos estudantes, que non poderá superar os 3.000€ por beneficiario e que terá unha duración de tres meses. Pola súa banda, a Consellería do Mar encargarase de deseñar e supervisar o proxecto formativo, mentres que o IGAFA asumirá o labor de selección de bolseiros. “Reafirmamos o compromiso da Deputación en todo o que ten que ver coa sustentabilidade, a cadea mar industria e co talento da poboación máis nova da provincia. Se somos unha referencia a nivel mundial no sector do mar, na provincia temos estar moi agradecidos ao labor que fai o IGAFA e a Consellería do Mar”, sinalou o mandatario provincial, que estivo acompañado neste acto polo deputado de Medio Ambiente, Marcos Guisasola.

“Traballamos a favor do talento e formación que queremos impulsar na mocidade, que son futuro pero tamén son presente”, remarcou o dirixente antes de lembrar o encontro que mantivo hai unha semana con 74 mozos e mozas da provincia estudantes de Formación Profesional que realizarán prácticas laborais en países da Unión Europea ao abeiro programa Erasmus + da Deputación. “Agradecemos o apoio da Deputación para que o alumnado poida especializarse e coñecer realidades industriais en países estranxeiros”, engadiu, pola súa banda, a conselleira Marta Villaverde.

Finalmente, o presidente Luis López convidou a toda a mocidade que participa nos procesos formativos do Igafa a “que boten man destas prácticas”.

Publicacións Relacionadas