Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López remarca o apoio da Deputación ao Premio Joven Empresario de...

Luis López remarca o apoio da Deputación ao Premio Joven Empresario de Galicia que entrega AJE Vigo o próximo mes

- Anuncio -

A vicepresidenta Marta Fernández-Tapias participou na reunión que tivo lugar este luns no despacho presidencial do Pazo Provincial

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, mostrou o seu apoio ás actividades que organizará nas vindeiras semanas a Asociación de Jóvenes Empresarios de Vigo (AJE Vigo) no encontro mantido este luns no seu despacho do Pazo Provincial no que participaron Iván Suárez e Rosa Fernández, presidente e xerente do colectivo, así como a vicepresidenta primeira do goberno provincial, Marta Fernández-Tapias.

Durante o encontro, o dirixente provincial mostrou o apoio da Deputación ao acto de entrega dos premios Joven Empresario de Galicia que AJE Vigo ten previsto organizar o próximo xoves, 21 de setembro, na cidade olívica.

Non é a única actividade que a asociación de empresarios organizará nas próximas semanas. A Deputación de Pontevedra colaborará tamén no acto de entrega dos premios a mellores novos empresario da área metropolitana de Vigo que se concederán no mes de novembro.

O presidente Luis López, interesouse tamén nesta reunión polaa actualidade empresarial e económica da área de Vigo e polos principais proxectos que AJE Vigo ten na súa axenda.

Relacionadas

Concello de Nigrán retira 20kg de lixo de desembocadura do río Muíños na XVI...

0
Unha quincena de voluntarios de todas as idades participaron o domingo na xornada, atopándose fundamentalmente envases plásticos e botellas O Concello de Nigrán sumouse como...

O Concello reúnese coa veciñanza de Pedreiras de Abaixo para explicarlle de primeira man...

0
Os concelleiros Pablo Novas e Marián Sanmartín explicaron que o proxecto do seguinte tramo no que se actuará está adaptándose aos actuais prezos do...

Posta en valor do CIP de Mogor: nova iluminación e sinaléctica para revitalizar a...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou o centro, que se atopa inmerso na execución destas melloras. Está previso que as obras finalicen cara...

O mércores 27 de setembro inaugúrase a exposición “Cartografía de a Raia” no Museo...

0
A exposición poderase visitar ata o vindeiro 8 de outubro en horario de mércores a domingo de 11 a 14 h y de 17...

O Concello do Rosal avanza na mellora da súa eficiencia enerxética con dúas novas...

0
A súa instalación sae a licitación por un importe de case 95.000 euros financiados ao abeiro do Fondo de Cooperación Local O Rosal camiña con...

O Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona ofrece catro contacontos...

0
A Concellería de Cultura, a través do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal, ofrece catro contacontos infantís a través do programa de dinamización da...

Publicacións Relacionadas