Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López salienta o “compromiso constante” coa mellora da rede viaria provincial:...

Luis López salienta o “compromiso constante” coa mellora da rede viaria provincial: 1,3M€ para a mellora da seguridade viaria da EP-9302 entre Ribadumia e Meaño

- Anuncio -

O presidente provincial presenta o proxecto para a reposición do firme e mellora dos servizos para un treito de 5,5 quilómetros entre as localidades de Xil, As Covas e Barrantes que está financiado ao 100 % pola Deputación

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salienta un investimento de preto de 1,3 millóns de euros, financiado ao 100 % polo organismo provincial, para a mellora da seguridade viaria da estrada provincial EP-9302, que une os concellos de Ribadumia e Meaño. Acompañado polos alcaldes David Castro e Carlos Vieitez, o mandatario provincial presentou este mércores o proxecto para mellorar o firme e os servizos dun treito de 5,5 quilómetros desta estrada que une as localidades de Xil, As Covas e Barrantes.

“Neste comezo do 2025 seguimos demostrando que o goberno da Deputación cumpre coas súas obrigas en materia de Infraestruturas, cunha partida orzamentaria que medra en 8M€, ata un total de 24M€, cumpre co seu compromiso de colaboración leal e sólida cos concellos e cumpre coa súa máxima de estar ao carón da veciñanza, mellorando servizos e infraestruturas, vivan onde vivan”, afirmou o presidente López despois de dar a coñecer unha nova actuación de mellora dunha estrada provincial impulsada pola Deputación.

A obra, que ten un prazo de execución de seis meses está valorada en case 1,3M€, consistirá na reposición do firme entre os puntos quilométricos 0+000 e 5+757. E, a maiores, melloraremos os sistemas de drenaxe de augas pluviais e repoñeremos a sinalización vertical e horizontal.

Un proxecto no que, segundo recoñeceu o mandatario provincial, xogaron un papel moi importante os rexedores de Ribadumia e Meaño. “A esta meta so é posible chegar grazas a colaboración con alcaldes como David Castro e Carlos Vieitez, que formulan os proxectos que os veciños lles trasladan. Teñen a capacidade de escoitar, entender e logo trasladarllo a administración, neste caso a Deputación, que estamos aquí para poder atender”, sinalou o titular do goberno provincial.

O compromiso co mantemento e mellora da rede de estradas provinciais é unha “constante” para o goberno provincial. “Pechamos o ano cunha axenda repleta de remate de obras, presentación de proxectos ou sinatura de convenios cos concellos en materia viaria e iniciamos o 2025 do mesmo xeito. O compromiso da Deputación coa modernización das estradas, coa cooperación cos concellos e coa mellora dos servizos para a veciñanza non entende de calendarios e é unha constante”, concluíu o presidente Luis López.

Relacionadas

Luis López celebra o inicio das obras de humanización da Praza Victoria Cadaval de...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Jesús Vázquez Almuíña, participa na posta en marcha dun proxecto valorado en 580.000 euros e financiado...

A Deputación levará este domingo a máis de 130 persoas da provincia a desfrutar...

0
Son veciños e veciñas de 27 concellos da provincia, que gozarán de estancias no Talaso Hotel Louxo La Toja, no Grove, e no Balneario...

O programa Máis Emprego de COGAMI pecha 2024 con 323 persoas atendidas e o...

0
COGAMI vén de finalizar con éxito a primeira fase do programa de inserción sociolaboral Máis Emprego, desenvolvido en Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo....

A Deputación programa esta fin de semana os últimos cinco concertos do ciclo Entradiñas...

0
As actuacións forman parte dun programa provincial que leva un repertorio clásico, tradicional e popular de Nadal a espazos culturais e patrimoniais da provincia A...

O Porriño reunirá a 16 agrupacións no tradicional Certame de Rondallas

0
● Será o domingo 12 de xaneiro a partir das 17:30 h no pavillón municipal Este domingo 12 de xaneiro O Porriño poñerá o seu...

O Rosal comeza o ano cunha visita da unidade móbil de doazón de sangue

0
Estará situada o luns 13 de xaneiro na rúa Ramón Franco, 4, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 h O Rosal comeza...

Publicacións Relacionadas