HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López salienta que o Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana...

Luis López salienta que o Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana máis de 500.000 euros para catro concellos

- Anuncio -spot_img

Estes novos recursos beneficiarán a Cuntis, Silleda e Tui no marco da liña 1 de investimentos, e mais a Rodeiro na liña 3 de activación do emprego

O presidente provincial lembrou que o Plan +Provincia destinou xa arredor de 41 millóns de euros aos concellos de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar máis de 800.000 euros para que os concellos de Cuntis, Silleda e Tui impulsen novos investimentos a través da liña 1 do Plan +Provincia 2025, e tamén para que o concello de Rodeiro financie a contratación de 11 traballadores temporais para os seus servizos públicos a través da liña 3. O presidente provincial, Luis López, asegurou que a Deputación segue “avanzando, unha semana máis, no reparto de fondos do +Provincia, o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación”. O +Provincia xa distribuíu neste ano preto de 41 millóns de euros entre os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, dos máis de 48 millóns dos que está dotado.

O concello que recibe un maior investimento na Xunta de Goberno desta semana é Cuntis, ao que se lle aprobarán 160.189,19 € para facer fronte á mellora do pavimento en camiños situados nas parroquias de Arcos, Estacas, Cuntis e Troáns. Pola súa banda, Tui recibirá 149.864,79 euros para financiar a mellora da capa de rodadura da vía de acceso ao núcleo de Anta, na parroquia de Areas.

Por último na liña 1 de investimentos, o Concello de Silleda recibirá unha achega de 107.780,62 € cos que fará fronte ás obras para a substitución da cuberta do centro de saúde da Bandeira. Por último, e xa na liña 3 de activación do emprego, Rodeiro conta cunha asignación de 122.701,25 euros para a contratación de 11 persoas que se incorporarán aos servizos municipais. Trátase dunha modificación respecto á achega que xa se lle fora aprobada anteriormente nesta liña para financiar 12 contratacións, e que non supón unha variación dos fondos provinciais recibidos.

Publicacións Relacionadas