HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López salienta un impulso de 830.000 € ás instalacións deportivas de...

Luis López salienta un impulso de 830.000 € ás instalacións deportivas de Vilagarcía por parte da Deputación nunha visita ás obras da pista de atletismo de Fontecarmoa

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial supervisa os traballos de mellora do pavimento e da iluminación do recinto cun investimento de 165.000 euros financiado ao 100 % polo organismo provincial ao abeiro do segundo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas

O Concello de Vilagarcía é o máis beneficiado dun plan que xa vai pola terceira convocatoria e que en tres anos terá inxectado un total de 20 millóns de euros nos concellos da provincia para a renovación das súas instalacións deportivas

“O complexo deportivo de Fontecarmoa representa á perfección a acción de goberno da Deputación nesta provincia do deporte, cun investimento de preto de 3M€ nestas fantásticas instalacións”, sinala o presidente Luis López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salienta o novo paso adiante que supón para “a provincia do deporte” as obras de mellora da pista de atletismo de Fontecarmoa, en Vilagarcía, que se están a realizar ao abeiro da segunda edición do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas impulsado polo goberno provincial e que contan cun orzamento de 165.000 euros financiado ao 100 % pola Deputación. Acompañado polo alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, o mandatario provincial comprobou o avance dunhas obras que reflexan o impulso que a Deputación lle está a dar a estas instalacións deportivas municipais. “O complexo deportivo de Fontecarmoa representa á perfección a acción de goberno da Deputación nesta provincia do deporte, cun investimento de preto de 3M€ nestas fantásticas instalacións”, afirmou o presidente Luis López, facendo referencia a proxectos como a ampliación da piscina e reforma do pavillón nos que colabora o organismo provincial.

O proxecto de mellora das pistas de atletismo de Fontecarmoa está en marcha e céntrase na renovación da iluminación, a substitución do pavimento en mal estado e a reposición dos materiais. Unha iniciativa valorada en 165.000 € financiado ao 100 % pola Deputación ao abeiro do segundo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e que suporá un importante salto de calidade para a práctica do atletismo neste concello. “Estanse a desenvolver obras necesarias e importantes para o atletismo de Vilagarcía, a provincia e Galicia. É un salto importante. A raíz destas melloras que se están a realizar poderá albergar probas de atletismo a nivel autonómico e nacional”, salientou o dirixente.

Coa aprobación da terceira convocatoria do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, o Concello de Vilagarcía terá recibido de mans da Deputación un total de 830.000 euros para a modernización das súas instalacións deportivas ao longo destes tres anos de mandato do executivo liderado por Luís López. Unha achega que chega ata os 2,9 millóns de euros mobilizados por parte da Deputación este ano no terceiro concello máis poboado da provincia a través doutros plans de Cooperación como o Plan Extra ou o +Provincia. Un investimento que acada os 20 millóns de euros nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia, que son os beneficiarios deste programa que “que está a ter unha gran acollida por parte dos concellos e que está a ser un revulsivo na mellora das instalacións deportivas da provincia”, declarou o presidente Luis López

Publicacións Relacionadas