Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López sinala a importancia do programa pioneiro +Inclusiva para apoiar ás...

Luis López sinala a importancia do programa pioneiro +Inclusiva para apoiar ás entidades a construír unha provincia máis social e que pon ás familias no centro

- Anuncio -

O presidente provincial, acompañado polos deputados Sandra Bastos e Alejandro Lorenzo, visita no Porriño a sede de ACEESCA, a Asociación de Persoas con Diversidade Intelectual que recibiu 10.000 euros para executar unha obra de mellora nas súas instalacións

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salienta o apoio que presta o organismo provincial ás organizacións sen ánimo de lucro para mellorar as súas instalacións e ofrecer unha mellor asistencia aos seus usuarios. É caso da Asociación de Persoas con Diversidade Intelectual ACEESCA, cuxa sede do Porriño visitou este luns o mandatario provincial acompañado pola deputada de Benestar Social, Sandra Bastos; e o deputado e alcalde do municipio, Alejandro Lorenzo. O encontro cos dirixentes da entidade serviu para visitar as instalacións, comprobar o remate das obras realizadas ao abeiro da subvención concedida polo programa pioneiro +Inclusiva e coñecer os proxectos que ACEESCA ten en marcha.

Esta entidade fundada no ano 1983 por familiares de persoas con diversidade intelectual presta unha asistencia fundamental aos usuarios e ás súas familias. Unha labor que conta co apoio da Deputación que, no ano 2024, colaborou cunha achega de 4.700 euros para poñer en marcha o proxecto “Ocio centrado na persoa”, así como unha subvención de 10.000 euros ao abeiro do programa +Inclusiva para realizar obras de mellora da accesibilidade nas zonas comúns, nos espazos destinados aos obradoiros e nos aseos. Ademais, ACEESCA é un dos colectivos candidatos aos primeiros Premios Sociais que entregará a Deputación neste 2025.

O programa +Inclusiva foi creado o ano pasado polo goberno provincial co obxectivo de apoiar o labor de entidades sen ánimo de lucro para promover condicións de seguridade e autonomía para os usuarios destas organizacións co fin de que poidan desenvolver as actividades da vida cotiá sen restricións e ter unha participación activa na sociedade. Na súa primeira edición, o programa +Inclusiva repartiu un total de 115.000 euros entre 19 entidades de toda a provincia, entre elas ACEESCA, que recibiu a máxima achega, 10.000 euros, para executar unha obra valorada en preto de 40.000 euros.

“Comprobar que a aplicación deste programa dá os seus froitos e serve para mellorar a atención que prestan entidades como ACEESCA e a calidade de vida dos usuarios danos folgos para seguir traballando en novas iniciativas e programas como este +Inclusiva”, afirmou o presidente despois dunha visita guiada ás instalacións acompañado polo presidente da asociación, Esteban Bacelo, e outros membros da xunta directiva.

Relacionadas

Luis López asina un convenio co alcalde de Moraña para a mellorar a seguridade...

0
O presidente recibe o alcalde José Gómez no Pazo provincial para poñer en marcha a primeira fase dun proxecto financiado ao 100 % pola...

Arranca o 5º Ciclo de Cine de Inverno en Salvaterra de Miño

0
Dende a Concellería de Cultura preséntase a 5ª edición do Ciclo Cine de Inverno que se celebrará durante o vindeiro mes en Salvaterra de...

O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín realizará un obradoiro de achegamento...

0
O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín realizará un obradoiro de achegamento as novas tecnoloxías aberto ao público dende o mércores 22...

Unha exposición como preámbulo da VIII Mostra Camelias e Mar, que chega ao Museo...

0
Cristina Barreiro e Rosa Crespo abren a exposición “Arte e Camelias”, que se poderá visitar no Museo para abrir boca de cara á gran...

Reunión cos furancheiros de cara ao arranque da tempada en febreiro

0
Poderán vender os seus excedentes entre o 1 do próximo mes e o 30 de xuño, tendo en conta que só poden ter actividade...

Trasmañó festexa o seu patrón San Vicente con tres días de celebración e a...

0
A parroquia de Trasmañó celebra esta semana a festa patronal, gastronómica e cultural do seu patrón San Vicente. A alcaldesa, Digna Rivas, e a...

Publicacións Relacionadas