HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López suma a voz da Deputación á petición de Afapo dun...

Luis López suma a voz da Deputación á petición de Afapo dun maior apoio para que as persoas con discapacidade poidan desfrutar dunha vida plena

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial, xunto co vicepresidente Rafa Domínguez, participa na praza da Peregrina no acto de conmemoración do Día Internacional da Discapacidade xunto con representantes de entidades sociais e doutras institucións da provincia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este mércores no acto organizado por Afapo, a asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias da provincia de Pontevedra, para conmemorar o Día Internacional da Discapacidade. Un encontro celebrado na praza da Peregrina, ao que tamén asistiu o vicepresidente Rafa Domínguez, no que representantes de distintas asociacións e institucións uniron as súas voces para reclamar os dereitos das persoas que padecen enfermidades como a demencia, o alzheimer ou outras discapacidades para desfrutar dunha vida plena.

“Queremos gozar da vida con total liberdade, que nos teñan en conta porque temos moito que aportar e moito que dicir”, pronunciou, na praza da Peregrina, o mandatario provincial un fragmento dun manifesto en cuxa lectura tamén participaron representantes de asociacións como Amizade, Juan XXIII, Aspadace, Amencer Aspace, Down Pontevedra, Asearpo, Xoga, Adica, Afamo, Afapo e institucións como a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra.

A colaboración da Deputación de Pontevedra con Afapo non se limita unicamente á colaboración neste Día Internacional da Discapacidade, a entidade recibe cada ano o apoio do organismo provincial para executar o seu programa de terapias non farmacolóxicas para pacientes con demencia.

Publicacións Relacionadas