O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu no seu despacho do Pazo provincial aos directivos da Fundación Galega contra o Narcotráfico, cos que mantivo unha reunión de traballo para abordar asuntos de interese mutuo e explorar novas vías de colaboración.
Da man do presidente, Manuel Antonio Couceiro; do xerente, Fernando Alonso; e da patroa, Elena Suárez; o mandatario provincial coñeceu as principais liñas de traballo que centran a actividade desta fundación e interesouse pola situación actual das redes de delincuencia organizada ligada ao tráfico de drogas. Do mesmo xeito, Luis López tendeu a man da Deputación para colaborar en todo o que sexa posible coa Fundación Galega contra o Narcotráfico.

