Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na “súa casa”

- Anuncio -

O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para o que están esgotadas as entradas desde hai máis de dúas semanas

Daniel Minimalia regresa a Ourense dentro do fin da xira “Terra”, o seu último disco publicado co que logrou o Latín Grammy ao mellor álbum instrumental no ano 2020, converténdose no primeiro artista galego en ter dito galardón

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán Daniel Minimalia, a quen agradeceu que peche a súa xira musical “Terra” na “súa casa” co concerto que ofrecerá este venres, 26 de abril, no Teatro Principal, para o que están esgotadas as entradas desde hai dúas semanas.

Daniel Minimalia regresa a Ourense dentro do fin da xira “Terra”, o seu último disco publicado co que logrou o Latín Grammy ao mellor álbum instrumental no ano 2020, converténdose no primeiro artista galego en ter dito galardón.

“Recibimos a un veciño de Ourense que nos enche de orgullo co seu talento, traxectoria e numerosos recoñecementos”, salientou Luis Menor, quen agradeceu que “unha persoa como Daniel que conta cunha longa e consolidada traxectoria internacional, veña a súa terra natal para culminar esta xira musical cun concerto do que gozaremos todos este venres”.

Pola súa parte, Daniel Minimalia agradeceu á Deputación de Ourense que fixera posible este concerto e tamén “ao público que estaba esperando este concerto, xa que é moi bonito a nivel persoal sentirte tan querido na túa cidade”. Así mesmo, o artista ourensán asegurou que espera “ser un bo representante da miña terra e levar o nome de Ourense con orgullo por todo o mundo”.

O guitarrista e compositor é o primeiro español gañador de dous Hollywood Music in Media Awards e é autor de cinco traballos discográficos Akainik (2011), Cuentos Sonoros (2012), Arenas de Luna (2014), Origen (2016) y Terra (2020). Tamén é autor do libro “La Música Que Llevas Dentro” (2022).

Relacionadas

O Concello publica a listaxe definitiva de cualificación dos expedientes de axudas para libros...

0
O Concello de Ourense pública no día de hoxe o decreto que aproba a listaxe definitiva de cualificación dos expedientes de axudas para a...

A Deputación de Ourense colabora co cuarto encontro galego de ciberseguridade que se celebra...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou esta mañá na inauguración da xornada onde puxo en valor o compromiso da institución provincial...

Luisa Sánchez destaca o “poder transformador da cultura e da arte” na inauguración da...

0
A vicepresidenta provincial remarcou o compromiso da institución co “talento creativo da provincia” na apertura da mostra “Sobre debuxar, fiar e habitar”, que poderá...

Luis Menor felicita a Telecinco Cinema polo Premio OUFF Televisión

0
O presidente provincial pon en valor a cooperación forxada entre a Deputación e Mediaset, manifestando a súa confianza en que con este novo recoñecemento...

Máis de 230 alumnos matriculados no novo curso da Escola de Artes e Oficios...

0
A Escola de Artes e Oficios da Deputación abriu esta tarde o curso académico 2024-2025 nas súas instalacións da rúa da Canle, onde se...

A Xunta reafirma o seu apoio á Feira de Artesanía de Cortegada que chegará...

0
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, mantivo hoxe un encontro en...

Publicacións Relacionadas