Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor agradece á Fundación Signo a elección de Ourense como sede...

Luis Menor agradece á Fundación Signo a elección de Ourense como sede das súas XXVII Xornadas de Xestión e Avaliación en Saúde

- Anuncio -

As XXVII Xornadas de Xestión e Avaliación en Saúde, de carácter nacional e organizadas pola Fundación Signo, comezaron hoxe en Ourense e desenvolveranse ata o venres día 10. Na inauguración desta actividade técnica participou o presidente provincial, Luis Menor, quen agradeceu á organización a súa escolla de Ourense como sede destas xornadas, “porque para unha provincia como Ourense, o feito de acoller congresos e eventos de relevancia nacional é moi importante para o noso sector económico e comercial”, invitando aos participantes a coñecer por si mesmos todo canto ten por ofrecer a provincia: “Descubran e gocen da nosa gastronomía, do noso comercio local, do noso patrimonio e de tantos recunchos máxicos por exemplo a Ribeira Sacra, que teñen a apenas 15 minutos de aquí”.

Tamén se referiu Menor aos compoñentes que sempre estiveron presentes no espírito da Fundación Signo: o valor en saúde e a sustentabilidade. “Conceptos ambos que compartimos plenamente na Deputación de Ourense, e cuxos valores afrontan un novo enfoque de sustentabilidade sumada á visión tradicional, que se ampara na  interiorización dos obxectivos do desenvolvemento sostible e da axenda 2030 na que todas as institucións, públicas e privadas, debemos implicarnos ao máximo”.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas