O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor deulles á benvida hoxe aos integrantes da Irmandade dos Vinhos Galegos ao Pazo de Vilamarín, onde lles agradeceu a súa posta en valor a prol dun dos “mellores embaixadores da nosa terra”.
Neste sentido, o presidente provincial destacou a importancia que ten o sector vitivinícola na provincia de Ourense, así como a colaboración da Deputación conscientes, precisamente, da importancia que ten o viño no desenvolvemento social, económico e turístico da provincia.
O presidente A Deputación de Ourense entregou a cada un dos Irmandiños asistentes a esta convocatoria un exemplar do libro “A Ribeira Sacra Histórica” de Alberto Cacharrón (irmandiño).
Esta asociación que traballa na difusión dun dos sinais de identidade do pobo galego como é o viño e a viña, naceu no 1995 precisamente no Castelo de Vilamarín, que hoxe acolleu este acto.
Cabe recordar que a institución provincial colabora con axudas para a promoción dos viños, especialmente en mercados internacionais, e noutras actividades de difusión e de organización dos viños de Ribeiro, Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra.



