Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor agradece a “voluntariedade e solidariedade” dos bombeiros do Consorcio Provincial...

Luis Menor agradece a “voluntariedade e solidariedade” dos bombeiros do Consorcio Provincial que se desprazaron a Valencia

- Anuncio -

O presidente da Deputación recibiu no Pazo Provincial a unha representación dos efectivos ourensáns que se mobilizaron ata as localidades máis afectadas pola DINA

Os bombeiros relataron as actuacións sobre o terreo durante sete días de intenso traballo e a dureza das testemuñas afectadas pola DINA que foron atopando durante as súas intervencións: “Unha parte de nós quedou alí, volveriamos cen veces máis”

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu a unha representación dos bombeiros do Consorcio Provincial que se desprazaron durante unha semana a Valencia para colaborar nas actuacións de emerxencia tralos efectos da DINA en poboacións como Alfafar ou Paiporta. Menor agradeceu a “solidariedade e voluntariedade” destes efectivos, un agradecemento que estendeu aos outros equipos do Consorcio que xa estaban preparados para darlles o relevo e que finalmente, tras varias reunións cos dispositivos de emerxencia e coas autoridades valencianas, non foi preciso mobilizar.

Ademais dos efectivos desprazados a Valencia, na recepción tamén estiveron presentes o deputado de Emerxencias, Plácido Álvarez; o xefe da área de Emerxencias do Consorcio, José Ramón Sánchez; Adamantino Barreiro, secretario do Consorcio; Celso Conde, xerente do Consorcio; Santiago Álvarez, xefe do parque de A Limia e Fernando Blanco, xefe do parque de Valdeorras.

Menor reiterou o seu agradecemento aos bombeiros dende a Deputación de Ourense, sinalando a “importancia da rapidez e profesionalidade” coa que traballaron no Consorcio Provincial, coordinados en colaboración coa Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA).

“Unha parte de nós quedou en Valencia”

Os bombeiros relataron as actuacións que realizaron na zona cero da DINA, dende achiques en garaxes e casas ata limpeza en vías e retirada de enseres nas vivendas. “Foron días bastante duros, porque una cousa é velo na tele e outra en persoa”, relataba un dos efectivos, que contou que moitos veciños afectados acudían a eles “con lágrimas nos ollos” para solicitarlles a súa axuda. “Unha parte de nós quedou en Valencia”, sinalaron os efectivos.

Os bombeiros que acudiron á recepción subliñaron a voluntariedade do resto de compañeiros do Consorcio, sinalando que “calquera de nós puido estar alí, tocounos a nós”.

Trala experiencia nas localidades máis afectadas polo desastre, os bombeiros explicaron que “volveríamos cen veces máis se fai falta” e desexaron aos afectados que poidan recuperar pronto as súas vidas antes de que a DINA arrasase con todo.

Medios enviados polo goberno provincial

No acto, o presidente provincial apuntou que a traxedia de Valencia visibilizou a necesidade dunha lei de emerxencias nacional para actuar ante acontecementos desta magnitude.

Ao rematar o encontro, Menor fíxolle entrega aos bombeiros dunhas mochilas para roupa deportiva.

A Deputación de Ourense, a través do Consorcio Provincial, enviou a Valencia dúas dotacións de seis profesionais, con amplos equipos: dous vehículos 4×4, equipos de iluminación autónomos, equipos de excarcelación, electrobombas de achique, materiais para uso limpeza viaria, equipos de protección individual ou vadeadores.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas