Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor anima aos concellos a adherirse ao programa da Deputación para...

Luis Menor anima aos concellos a adherirse ao programa da Deputación para elaborar un censo do amianto e “preservar a saúde dos nosos veciños”

- Anuncio -

A iniciativa, aprobada no pleno do pasado mes de decembro, permitirá que os 91 municipios destinatarios poidan sumarse ata o próximo 30 de marzo ao plan para a retirada deste material perigoso

A institución provincial asume o 100% do custe do programa. Neste sentido, o presidente lembrou a oportunidade de “aforro” que suporá o programa para os concellos

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou nunhas xornadas informativas para alcaldes e persoal técnico destinadas a coñecer polo miúdo o programa de colaboración cos concellos posto en marcha pola institución ourensá para a realización dun censo de instalacións e emprazamentos con amianto dos municipios de menos de 20.000 habitantes (91, a excepción da capital).

Esta iniciativa pioneira, aprobada no pleno do pasado mes de decembro de 2024, permite aos concellos interesados adherirse ata o próximo 30 de marzo. Tendo en conta estas datas, Menor convidou aos rexedores a unirse ao plan, que definiu como un “acordo práctico” para cumprir coas obrigas legais e acadar “o obxectivo fundamental” na Deputación e en calquera administración de “preservar a saúde dos nosos veciños”.

“O noso obxectivo é cooperar cos concellos, imos darlle ese apoio de maneira eficaz”, sinalou Menor, que incidiu tamén na oportunidade de aforro que suporá o programa para os concellos, xa que a Deputación financia o 100% do custe do plan.

A continuación, deu a palabra aos técnicos da institución ourensá e da Sociedade Provincial de Augas e Medio Ambiente -AquaOurense-, que explicaron polo miúdo o alcance e as condicións do programa, que prevé executarse entre 2025 e 2027.

O presidente provincial tamén lembrou a “importancia” de cumprir coa normativa, xa que as obrigas leais en materia de protección de saúde e do medio ambiente implican retirar nos próximos anos o amianto das instalacións públicas, obrigas para as que os concellos “precisan medios”.

Un centenar de alcaldes, técnicos e persoal dos concellos da provincia acudiu as xornadas celebradas esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde coñeceron os detalles do programa e resolveron dúbidas cos técnicos da Deputación.

Asistencia permanente

No pleno de decembro de 2024 acordouse poñer en marcha a iniciativa, en colaboración cos concellos, para elaborar un censo de instalacións que teñan amianto entre os seus materiais de construción.

Ademais, o programa contempla asistir aos municipios na planificación da retirada deste material, así como a contratación dunha plataforma con visor web para o coñecemento do inventario e a asistencia técnica permanente.

Relacionadas

Rafa Domínguez avanza que as xestións coas clarisas para manter o patrimonio histórico, artístico...

0
“Lores fixo un mal negocio, unha pésima xestión cuxa consecuencia está a ser  o traslado a Santiago do retablo do convento de Santa Clara,...

0
O deputado de Dinamización do Medio Rural participa na visita da oficina itinerante do programa AceleraPyme a Maceda O deputado de Reto Demográfico e Dinamización...

A Deputación convoca as axudas dirixidas aos servizos de normalización lingüística das entidades locais...

0
As entidades locais teñen un mes de prazo para presentar as solicitudes para estas axudas destinadas a crear ou manter e reforzar servizos destinados...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Mondariz para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O Concello pon en marcha a segunda edición da Escola Municipal Continua, con 57...

0
AConcellería de Educación do Concello de Ourense pon en marcha a segunda edición da Escola Municipal Continua Ourense, cunha ampla variedade de propostas formativas...

Luis Menor reúnese coa directiva do Ourense CF para escoitar as necesidades do clube...

0
O presidente da Deputación puxo en valor a celebración da Copa do Rei en Ourense cun resultado que permitiu ao equipo ourensán chegar a...

Publicacións Relacionadas