HomeDeputaciónsDeputación OurenseLuis Menor anuncia que a Deputación apoiará economicamente a redacción do proxecto...

Luis Menor anuncia que a Deputación apoiará economicamente a redacción do proxecto construtivo da futura Estación de Mercadorías Ferroviarias

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial ratificou este compromiso no foro organizado pola Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, onde puxo de manifesto que este proxecto “non é algo accesorio. Estamos a reclamar un proxecto estratéxico para o noso territorio, unha infraestrutura clave para o desenvolvemento da nosa provincia”

Tamén quixo deixar claro que “Ourense non se resigna a ser un territorio de paso. Ourense é un territorio de destino” e por elo defendeu a necesidade de intensificar a cooperación institucional ante este obxectivo, necesaria e imprescindible para acadalo

Menor agradeceu tamén o compromiso da Xunta de incorporar os 26.000 metros cadrados á Cidade do Transporte para que o proxecto sexa viable, e avanzou que “esforzarémonos en convencer a quen non cre neste proxecto, porque estamos a loitar polo que merecemos como territorio”

O presidente da Deputación, Luis Menor, participou hoxe no Foro Ourense Industrial, organizado pola Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas, baixo o título “O futuro do transporte de mercancías en Ourense”.

Logo das intervencións do presidente da asociación empresarial, José Antonio Rodríguez Araújo; do arquitecto responsable do anteproxecto de construción da estación de mercadorías, Fernando Martínez; do xerente do Clúster da Función Loxística de Galicia, Iago Domínguez; da alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Nóvoa; e dos conselleiros de Economía e Presidencia, María Jesús Lorenzana e Diego Calvo, respectivamente, o presidente provincial pechou o foro recalcando que este proxecto “non é algo accesorio. Estamos a reclamar un proxecto estratéxico para o noso territorio, unha infraestrutura clave para o desenvolvemento da nosa provincia”, lembrando tamén que é nesta área industrial onde se manexan o 90% das mercadorías de Ourense.

Precisamente, Menor anunciou que a Deputación apoiará economicamente a redacción do proxecto construtivo da futura Estación de Mercadorías Ferroviarias, ratificando así o compromiso de que a Deputación de Ourense “vai estar ao carón dos empresarios do polígono de San Cibrao de da súa demanda, que é de todos”. Menor recalca que o Foro acada dous compromisos firmes e concretos: “o da financiación do proxecto por parte da Deputación e o dos terreos por parte da Xunta”, agradecendo e  lembrando así o anuncio realizado pola conselleira María Jesús Lorenzana, no que manifestou a vontade da Xunta de modificar e ampliar a Cidade do Transporte para incorporar os 26.000 metros cadrados precisos para que a estación de mercadorías sexa viable.

Argumentou o presidente provincial que este proxecto conta cunha “ampla visión”, agradecendo á Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao “por crer no proxecto e implicar a cada vez máis persoas e organismos neste obxectivo que é de todos”. pois permitiría converter Ourense nun nodo de innovación e competitividade, capaz de atraer investimento industrial, impulsar o tecido produtivo local e ofrecer oportunidades reais de creación e consolidación de emprego. “A provincia ten talento, ten localización, ten potencial. O que necesita é unha infraestrutura moderna que conecte ese potencial co mundo”, explicou Menor, proclamando que “todos temos claro que coa estación de mercadorías, daríamos ese paso”.

Tamén quixo deixar claro o presidente da Deputación que “Ourense non se resigna a ser un territorio de paso. Ourense é un territorio de destino”, e por elo defendeu a necesidade de intensificar a cooperación institucional ante este obxectivo, necesaria e imprescindible para acadalo, “e esto non quedará aquí. Esforzarémonos en convencer a quen non cre neste proxecto, porque estamos a loitar polo que merecemos como territorio”.

Publicacións Relacionadas