Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor asume a presidencia da Fundación “Eduardo Blanco-Amor”

Luis Menor asume a presidencia da Fundación “Eduardo Blanco-Amor”

- Anuncio -

Durante unha reunión do Padroado desta entidade celebrada hoxe no Pazo Provincial para analizar as actividades que se desenvolverán ao longo do vindeiro ano para honrar o legado do escritor ourensán

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, vén de asumir o cargo de presidente da Fundación “Eduardo Blanco-Amor”, na xuntanza celebrada hoxe polo Padroado da entidade no Pazo Provincial, para analizar as actividades que se desenvolverán no ano 2024 para honrar o legado do escritor ourensán.

O Padroado acordou organizar para o vindeiro ano, unha serie de actos que inclúen algunhas conferencias e a publicación dun facsímile da revista “Terra”, publicada hai 100 anos en Buenos Aires e da que foi redactor xefe Blanco-Amor.

O vindeiro sábado, 25 de novembro, o xurado do XLII Premio de novela Blanco-Amor reunirase no Centro Cultural Marcos Valcárcel para elixir ao gañador ou gañadora desta edición do certame que organiza anualmente a Fundación Eduardo Blanco-Amor coa colaboración da Deputación de Ourense. O premio, dotado con 15.000 euros e unha peza escultórica orixinal de Acisclo Manzano, será entregado o 1 de decembro, data do 44º cabodano do falecemento do senlleiro autor ourensán.

O Padroado acordou a próxima incorporación dun novo patrón: Juan Saco Cid, antigo presidente da Fundación Otero Pedrayo, que se suma ao Padroado da Fundación Blanco-Amor, logo de que no pasado mes de setembro falecera o sobriño do escritor ourensán, Eduardo Camilo Bóveda Sebastián.

Relacionadas

A Deputación organiza este luns unha xornada sobre a Lei de protección de persoas...

0
A xornada, que será inaugurada pola deputada provincial María Ramallo, está dirixida a membros de corporacións locais, secretarios e interventores da Administración Local, funcionarios...

O programa SmartPeme da Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas

0
Os obradoiros do programa de asesoramento tecnolóxico terán lugar os días 13 e 14 de decembro e estarán centrados en márketing social, contido efémero...

O Auditorio acollerá o 29 de decembro o novo espectáculo de Pablo Méndez: ATEMPO!

0
O Auditorio municipal de Ourense acollerá o venres, 29 de decembro, ás 19.00 horas, o novo espectáculo de Pablo Méndez: ATEMPO!. Como cada Nadal,...

A compañía Malasombra leva “Testosterona” este domingo a Caldas de Reis no marco do...

0
A función, con entrada libre ata completar aforo, terá lugar ás 19:00 horas no Auditorio Municipal da vila O Auditorio Municipal de Caldas de Reis...

Preto de 150 persoas participan esta semana no programa da Deputación “Depotermal”

0
Veciños da Estrada, As Neves, Baiona, Cuntis, Gondomar, Marín, Moaña, Mos Nigrán, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior, Tomiño, Tui e...

O ciclo teatral da Deputación chega este sábado a Sanxenxo con “Ris Ras”

0
A compañía Baobab será a encargada de poñer en escena esta peza no auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán ás 17:30 horas O Pazo Emilia...

Publicacións Relacionadas