Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor, como presidente da Rede de Vilas Termais da FEMP, celebra...

Luis Menor, como presidente da Rede de Vilas Termais da FEMP, celebra o interese de entidades locais por sumarse a un órgano “de gran importancia para a nosa provincia”

- Anuncio -

O presidente Deputación de Ourense deu conta pola súa banda dos avances no “programa de respiro” para persoas maiores que sufriron as consecuencias da DINA na comunidade valenciana, iniciativa moi ben recibida polos membros da rede

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, presidiu esta mañá a reunión do Consello de Goberno da Rede de Vilas Termais da Federación de Municipios e Provincias de España (FEMP), organismo que preside no actual mandato.

Entre os temas tratados no encontro, que se celebrou por vía telemática, Luis Menor destacou as peticións de información formuladas por varias entidades locais e deputacións para interesarse polas condicións de admisión na rede, “o que entendemos suporá novas incorporacións a este órgano da FEMP, que tanta importancia ten para a nosa provincia polo potencial que temos neste ámbito”.

O presidente da Rede de Vilas Termais e da Deputación de Ourense deu conta pola súa banda dos avances no “programa de respiro” para persoas maiores que sufriron as consecuencias da DINA na comunidade valenciana, iniciativa moi ben recibida polos membros da rede.

A reunión tamén serviu para analizar e avaliar os traballos que se está a facer neste primeiro ano de mandato, en particular no desenvolvemento do convenio de experiencias de turismo de España; a búsqueda de novos acordos con Turespaña para mellorar o posicionamento internacional da nosa oferta termal; e a participación en Termatalia foron outros dos asuntos abordas na reunión.

Por último acordouse que a próxima asemblea e terceiro encontro da Rede de Vilas Termais celebrarase na localidade salmantina de Vega de Tirados cara finais de outubro deste ano.

Relacionadas

A Deputación avanza que este venres aprobará unha axuda de máis de 100.000 euros...

0
Os deputados provinciais Javier Tourís e Marcos Guisasola visitaron hoxe coa alcaldesa Marta Giráldez as instalacións do campo, que serán reformadas cos recursos do...

A Deputación conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia visibilizando...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, acaba de inaugurar no CIFP Manuel Antonio de Vigo a exposición “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar”,...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Cambados para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O Concello colabora coa III Gala Solidaria Por Eles TEA, que se desenvolverá o...

0
A concelleira de Asuntos Sociais recibiu as organizadoras do evento, que persigue visibilizar e sensibilizar a sociedade ourensá acerca do autismo Estará presentada por Tamara Pérez,...

Luis Menor anima aos concellos a adherirse ao programa da Deputación para elaborar un...

0
A iniciativa, aprobada no pleno do pasado mes de decembro, permitirá que os 91 municipios destinatarios poidan sumarse ata o próximo 30 de marzo...

Rafa Domínguez avanza que as xestións coas clarisas para manter o patrimonio histórico, artístico...

0
“Lores fixo un mal negocio, unha pésima xestión cuxa consecuencia está a ser  o traslado a Santiago do retablo do convento de Santa Clara,...

Publicacións Relacionadas