Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor convida á cidadanía a unirse aos 16 días de activismo...

Luis Menor convida á cidadanía a unirse aos 16 días de activismo da Deputación contra a violencia de xénero a través dunha mostra feita por escolares

- Anuncio -

O presidente provincial anunciou a campaña no ámbito educativo a través da acción “ÚNETE-Eu non calo” na inauguración dunha exposición cos traballos recibidos no ano pasado e que estará aberta ata o vindeiro 10 de decembro, Día Mundial dos Dereitos Humanos

“Pretendemos sensibilizar aos escolares de todas as idades na prevención, na loita e a denuncia de todo tipo de violencia de xénero, e farémolo a través da visión dos propios escolares e das redes sociais”, explicou Menor

A Deputación de Ourense, coa inauguración dunha exposición centrada no 25N, inicia hoxe 16 días de activismo contra a violencia de xénero. Con esta mostra ubicada no Centro Cultural Marcos Valcárcel, “a Deputación súmase á campaña internacional da ONU “ÚNETE” contra a violencia de xénero coa fin de esixir a erradicación desta lacra”, explicou o presidente Luis Menor, quen convidou á cidadanía a sumarse a esta acción.

Esta campaña, lanzada polo secretario xeral das Nacións Unidas, António Guterres, estenderase ata 2030 centrada en establecer 16 días de activismo cada ano para loitar polo fin da violencia contra as mulleres. No caso da Deputación, “manterémola aberta ata o 10 de decembro, coincidindo co Día dos Dereitos Humanos. Datas clave ambas na loita pola igualdade e a erradicación da violencia”, sinalou o presidente provincial, quen agradeceu o labor da Área de Benestar e da deputada de Igualdade, Teresa Barge, polo seu traballo a prol desta iniciativa.

A Deputación centrará esta campaña no ámbito educativo a través da acción “ÚNETE-Eu non calo”. Deste xeito, “pretendemos sensibilizar aos escolares de todas as idades na prevención, na loita e a denuncia de todo tipo de violencia de xénero, e farémolo a través da visión dos propios escolares”. Así, para facer partícipes aos menores, implicalos e que se sintan parte da campaña, na Deputación realizarase unha acción en redes sociais destinada ao ámbito educativo e a exposición inaugurada hoxe é, precisamente, o resultado de todos os traballos realizados polos escolares de toda a provincia que se presentaron en 2023 ao Concurso “Eu non calo ante a violencia de xénero”.

Unha mostra interactiva

Durante o acto, Teresa Barge agradeceu a presenza no acto de representantes do tecido asociativo, así como de pais e nais implicados no proxecto, do que a deputada se amosou “honrada” de formar parte.

O director da área de Benestar da Deputación, José Juan Cerdeira, subliñou a igualdade como parte dunha “política transversal” do goberno provincial. Agradeceu a Marta Nóvoa, vicepresidenta primeira, e presente no acto, o seu “compromiso” para que a exposición fose unha realidade.

Os responsables da exposición guiaron aos asistentes polos códigos QR situados na segunda planta do centro cultural, que dan acceso ás obras de cada rapaz. Participaron un centenar de escolares da provincia na mostra.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas