Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor defende “a innovación” que lle imprime a Deputación ao traballo...

Luis Menor defende “a innovación” que lle imprime a Deputación ao traballo realizado para desenvolver o termalismo na provincia

- Anuncio -

Como exemplo do afán innovador da institución provincial, Menor avanzou que mediante un acordo con ADIF abrirase a primeira oficina de información sobre termalismo de España situada nunha estación AVE

O presidente destacou que a institución provincial complementa co seu labor “a capacidade transformadora” do Plan Termal de Galicia do Goberno galego, proclamando tamén que co compromiso institucional e a cooperación público privada “lograremos ter un destino cada vez máis competitivo, e sustentable, orientado ás necesidades de conexión coa natureza e benestar”

O Teatro Principal acolleu esta mañá a presentación do Plan Termal de Galicia 2025-2028, a cargo do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e do director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Merelles.

Este plan, deseñado para executarse durante esta lexislatura e que busca reposicionar a imaxe de Galicia como referente internacional do termalismo, “complementarase na súa capacidade transformadora co compromiso institucional e a cooperación público privada, logrando así un destino cada vez máis competitivo, e sustentable, orientado ás necesidades de conexión coa natureza e benestar”, explicou o presidente provincial, Luis Menor, durante a súa intervención no acto. Neste eido, defendeu “a innovación” que lle imprime a Deputación ao traballo realizado para desenvolver o termalismo na provincia, ao que cualificou como “sector estratéxico”. E amosou o seu convencemento de que “como xestores públicos temos a obriga de contribuír a captar investimentos para modernizar as infraestruturas existentes e crear outras novas”.

Así, en materia de innovación no eido termal, Luis Menor avanzou que a Deputación de Ourense acordou con ADIF a apertura da primeira oficina de información sobre termalismo situada nunha estación AVE en toda España: “Un espazo por e para os balnearios e cuxo obxectivo é que os centos de miles de persoas que anualmente pasan pola nosa Estación de tren teñan á súa disposición información termal, poidan acceder a promocións e sobre todo asocien a alta velocidade ferroviaria como posibilidade de mobilidade e proximidade aos balnearios de Ourense”.

Lembrou Menor que na provincia de Ourense “levamos traballado moito e ben, da man da cooperación institucional, para posicionarnos dentro dun sector que é parte da nosa idiosincrasia”, e fixo un repaso a accións singulares como os plans de sustentabilidade “Ourense Termal” e “Ourense colle velocidade”, en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

Fixo un breve repaso o presidente da Deputación do labor realizado por parte da institución en materia de innovación en materia termal, sinalando que ademais de aprobar as bases do Programa de Termalismo Social Provincial (que incluirá a nova modalidade do “Termalismo Azul” para promover a lonxevidade saudable), realizáronse con éxito iniciativas como a que acolleu aos primeiros “nómades dixitais” en balnearios da provincia “e nas vindeiras semanas darase a coñecer un programa de respiro emocional ás persoas maiores afectadas pola DANA”, ademais de “propiciar un envellecemento saudable e unha lonxevidade envexable coas augas termais como nexo. Somos conscientes de que temos un tesouro baixo os nosos pés, en estado líquido e termal”.

Relacionadas

O Centro Cultural Marcos Valcárcel achega a Ourense as “criaturas” do artista andaluz Fran...

0
O deputado de Cultura e vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou na inauguración da mostra “39: De sur a norte en...

A Deputación subvenciona a San Sadurniño con 29.000 euros para o financiamento do persoal...

0
O BOP deste venres 17 de xaneiro publica as resolucions sobre a concesión de varias axudas dirixidas aos concellos da provincia. Neste sentido, San...

A Deputación colabora coa editorial Galaxia cunha exposición que porá en valor espazos literarios...

0
A institución ourensá coopera co programa de actividades da editorial para conmemorar 75 anos de compromiso coa cultura e a literatura galegas A mostra, que...

Deputados do PP de Ourense e León reiteran a esixencia ao Goberno de licitar...

0
Comezou 2025 e na primeira quincena de xaneiro, os deputados ourensáns do GPP, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana e as deputadas leonesas...

Luis López e Rafa Domínguez salientan que “a arte volve” a Pontevedra cunha Bienal...

0
O presidente provincial anuncia que a programación da Bienal, por primeira vez na súa historia, se descentralizará pola provincia cunha serie de espectáculos en...

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle o regreso do pintor Xoti de Luis ao...

0
O artista inaugurou unha mostra na que consegue “traspasar o muro cotiá” coa súa creatividade A mostra poderá visitarse ata o próximo 2 de marzo A...

Publicacións Relacionadas