Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor destaca á 12ª etapa da Volta como “gran éxito de...

Luis Menor destaca á 12ª etapa da Volta como “gran éxito de promoción internacional da provincia de Ourense coa Ribeira Sacra como eixo”

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, e o director da Volta, Javier Guillén, acompañados polos alcaldes dos 12 municipios polos que transcorreu a etapa durante 133km e que culminou en Manzaneda coa emocionante vitoria de Pablo Castrillo, o Kern Pharma
A duodécima etapa da Volta Ciclista a España, que contou co patrocinio da Deputación, “volveu a ser un novo éxito de promoción internacional da nosa provincia e contribuirá así a seguir incrementando o número de visitantes a Ourense”, sinalou #Luis
Menor Manzaneda, 29 de agosto de 2024.
“Un novo éxito de promoción internacional da nosa provincia”. Así cualificaba o presidente provincial, #Luis Menor, a 12ª etapa da Volta que culminou hoxe en Manzaneda tras 133km de percorrido que partiron da cidade e pasando polos municipios do Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Paderne de Allariz, Maceda, Esgos, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Teixeira, Castro Caldelas, San Xoán de Río, Trives, e culminando na Estación de Montaña de Manzaneda coa emocionante vitoria de Pablo Castrillo, do Kern Pharma. Na cerimonia de premios, o presidente provincial, #Luis Menor, entregou o de gañador de etapa ao corredor oscense.
O presidente provincial tivo a oportunidade de compartir o desenvolvemento da etapa xunto ao director da Volta, Javier Guillén, na que estiveron acompañados polos alcaldes dos 12 municipios ourensáns polos que transcorreu a competición. “A Volta é, sen dúbida, un dos eventos deportivos de maior proxección no mundo. Unha vez máis, grazas ao compromiso da Deputación, volveu a ter a Ourense como protagonista dunha das súas etapas”, explicou Menor.

Luis Menor lembrou que a Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio Mundial da UNESCO, demostrou ser “un lugar perfecto para o ciclismo con tramos esixentes de gran dureza que discorren nunha contorna inigualable para o deleite dos ciclistas e tamén dos millóns de espectadores que seguen este espectáculo do ciclismo por todo o mundo”.

3 etapas da Volta disputadas integramente na provincia
A 12ª etapa da Volta 24, que uniu Ourense e a Estación de Montaña de Manzaneda foi a 3ª etapa da Volta disputada integramente na provincia de Ourense. Tamén foi a 18ª saída de etapa da Volta desde a provincia e a 17ª meta da Volta na provincia. Por iso, #Luis Menor agradeceu ao director da Volta que “sempre que esta proba ten a ocasión de vir a Galicia, unha das súas paradas obrigatorias na nosa Comunidade sexa a provincia de Ourense”.

Relacionadas

Luis Menor destaca o extraordinario desenvolvemento do sector vitivinícola ourensán, “cun gran pasado, un...

0
Na visita aos traballos de vendima da adega Ladairo, na Denominación de Orixe Monterrei, o presidente provincial subliñou o desenvolvemento experimentado polos sectores produtivos...

Luis Menor reivindica o papel da Deputación na colaboración coa Xunta, coa achega de...

0
O Goberno ourensán é a única Deputación que financia este plan, que tamén se estenderá ao resto de Galicia, e a provincia que terá...

Luisa Sánchez participa na presentación de equipos da A.D. Carballal

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de participar na presentación dos equipos da A.D. Carballal que competirán nesta temporada 2024/2025. Sánchez...

Luis López enxalza a forza do tecido veciñal da provincia ante máis de medio...

0
O presidente provincial participa nun encontro con centos de persoas integrantes de asociacións veciñais de Poio e da contorna nunha actividade lúdica cunha charla...

A Deputación abre este luns o prazo para inscribirse na sexta ruta ornitolóxica de...

0
A ruta, impulsada pola institución da man de SEO/BirdLife, terá lugar o 29 de setembro e permitirá observar aves na contorna dos campos e...

A Deputación pon en valor a figura da raíña Urraca I, “esquecida pola historia...

0
Sandra Bastos: “É importante descubrir mulleres como ela, a primeira muller monarca en toda Europa en exercer un reinado de pleno dereito, cuxo poder...

Publicacións Relacionadas