O presidente provincial celebrou a elección da provincia de Ourense como sede deste evento senlleiro organizado polo sindicato Anpe e invitou aos asistentes a desfrutar da provincia
O presidente provincial, Luis Menor, destacou a educación como “éxito estratéxico” da Deputación de Ourense durante o X Encontro Hispano-Luso de Docentes, organizado polo sindicato Anpe, e celebrado no IES Otero Pedrayo.
Profesionais de España e Portugal compartiron experiencias en torno a lusofonía nos centros educativos, desafíos do sistema educativo ou retos da era dixital.
Por outra banda, Menor puxo en valor este Encontro Hispano-Luso como unha “oportunidade única” para que os asistentes coñezan a provincia de Ourense e desfruten de atractivos como o termalismo, a gastronomía ou o patrimonio.