Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor destaca a “innovación” na prestación de servizos nas áreas industriais...

Luis Menor destaca a “innovación” na prestación de servizos nas áreas industriais durante a inauguración do estacionamento seguro de San Cibrao das Viñas

- Anuncio -

O presidente da Deputación puxo en valor esta iniciativa, na que a institución provincial financiou o 40% do investimento, cualificándoa de “área pioneira”

Menor reafirmou o compromiso co desenvolvemento das áreas industriais, con proxectos como este, que “axudan á competitividade das empresas”

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou na inauguración oficial da área de estacionamento seguro e protexido do Polígono de San Cibrao das Viñas, da que xa poden desfrutar os profesionais do transporte de mercadorías. Trátase de 59 prazas de aparcamento con tódalas medidas de protección, mellorando especialmente a seguridade das mulleres conductoras.

A Deputación de Ourense reafirma con esta iniciativa o seu compromiso co impulso ao desenvolvemento das áreas industriais, dixo Luis Menor, a través de servizos como este, que dan resposta ás demandas dos empresarios ourensáns.

O presidente provincial destacou o desenvolvemento das áreas industriais como “obxectivo estratéxico da Deputación” e asegurou que o novo estacionamento “será un exemplo de iniciativa pioneira en Ourense e Galicia”.

Menor tamén fixo fincapé na senda de cooperación que caracteriza á Deputación. Neste caso, a institución provincial financia o 40% das obras con 200.000 euros, aportando o resto dos fondos a Xunta de Galicia, cun investimento total que acada os 500.000 euros. “Non hai Deputación que faga tantos acordos e compromisos coa Xunta como a de Ourense”, destacou o presidente provincial.

Menor tamén puxo en valor a innovación do emprendemento ourensá. Neste sentido, Menor apuntou: “Como institución, non imos mirar cara outro lado cando se trata de apostar por un dos ámbitos que fai medrar esta provincia”.

Así, o presidente provincial desexou que o 2025 tamén sexa o ano no que se poña en marcha a estación de mercadorías, proxecto clave “para que a industria ourensá poida ser máis competitiva”.

Tamén engadiu outras reivindicacións como a depuradora, a conexión coa A-52 ou a propia ampliación do chan industrial do Polígono de San Cibrao das Viñas.

“Ourense ten unha clara vocación industrial.  A ampliación do polígono é unha necesidade”, dixo Menor, atendendo ás demandas dos empresarios.

Un dos polos industriais de maior movemento

Esta nova infraestrutura é unha demanda histórica dos profesionais do transporte. A Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas reivindica con este proxecto a solución para aliviar o exceso de vehículos pesados nos viais, proporcionándolle un lugar de estacionamento seguro.

Esta área rexistra un movemento anual de mercadorías superior aos tres millóns de toneladas, convertíndose no principal polo industrial da provincia e un dos maiores de Galicia.

A posta en marcha mellorará as condicións de descanso dos traballadores, cun servizo que ademais favorece o relevo xeracional na profesión e a incorporación da muller a un colectivo fortemente masculinizado.

Relacionadas

A Deputación pechou o 2024 con máis de 600 adopcións e máis de 1.200...

0
O presidente provincial Luis López explicou que Pontevedra, con 72 animais, foi o concello con maior número de adopcións, e dos cans rescatados, máis...

O PP nomea á concelleira Ana Méndez como portavoz do grupo municipal no Concello...

0
O Partido Popular acordou hoxe o nomeamento da concelleira Ana Méndez como nova portavoz do grupo municipal no Concello de Ourense. Méndez Gil (Ourense,...

O Concello abre o prazo de solicitude de subvencións do Programa de axudas ás...

0
- O prazo de solicitude será de 6 meses ­ As actuacións subvencionables deberán estar finalizadas antes do 30 de xuño de 2026 O Concello de Ourense convoca...

A Deputación colabora coa rodaxe na provincia do filme “As Augas” baixo a dirección...

0
O presidente provincial, Luis Menor, recibiu á directora e ao produtor, Alfonso Zarauza, que recalcaron o “orgullo” que supón “amosar o potencial da provincia,...

Hoxe, a militancia de Podemos Ourense mostrou o seu firme compromiso coa defensa ...

0
Hoxe, a militancia de Podemos Ourense mostrou o seu firme compromiso coa defensa  dos servizos públicos ao apoiar a mesa PROCAPD na mobilización convocada...

Luis López asiste, xunto ao presidente Alfonso Rueda, ao acto de licitación do novo...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asiste ao acto de licitación do enlace do treito entre Areas e a PO-350 da autovía...

Publicacións Relacionadas