Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor destaca o extraordinario desenvolvemento do sector vitivinícola ourensán, “cun gran...

Luis Menor destaca o extraordinario desenvolvemento do sector vitivinícola ourensán, “cun gran pasado, un presente moi importante e moito mellor futuro”

- Anuncio -

Na visita aos traballos de vendima da adega Ladairo, na Denominación de Orixe Monterrei, o presidente provincial subliñou o desenvolvemento experimentado polos sectores produtivos ourensáns, “con máis profesionalidade e dando un salto cualitativo con persoas como o fundador desta adega, que creu na regulación e no control para prosperar, e que agora segue a segunda xeración cunha empresa senlleira”

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, destacou hoxe o extraordinario desenvolvemento do sector vitivinícola ourensán, “cun gran pasado, un presente moi importante e moito mellor futuro”. O presidente provincial fixo estas declaracións durante a visita que realizou este mediodía aos traballos de vendima da adega Ladairo (Oímbra), na Denominación de Orixe Monterrei, e na que acompañou ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e á conselleira do Medio Rural, María José Gómez.
O presidente da Deputación tivo palabras de recoñecemento para o fundador de Ladairo, José Luís Vaz, a persoa que hai case 45 anos decidiu poñer en marcha esta adega e que foi ademais un dos impulsores da Denominación de Orixe Monterrei. Unha traxectoria que agora prosegue Víctor López, “que co seu traballo nos mostra o camiño a seguir”.
Destacou o presidente provincial o desenvolvemento experimentado polos sectores produtivos ourensáns, “con máis profesionalidade e dando un salto cualitativo con persoas como o fundador desta adega, que creu na regulación e no control para prosperar, e que agora segue a segunda xeración cunha empresa senlleira”.
Luis Menor puxo a Ladairo como exemplo “do talento e do potencial que temos en Ourense, con persoas moi implicadas e moita iniciativa”.
Un labor do que, ademais, subliñou a cooperación público-privada, que no caso da Deputación de Ourense “céntrase na colaboración cos consellos reguladores para axudar no seu funcionamento e para promover accións de internacionalización dos nosos viños”.

Relacionadas

Juan Carlos Fernández renuncia á súa acta como concelleiro en Ribadavia e solicitará a...

0
• O edil comunicou a súa decisión ao alcalde e presidente dá agrupación local, con fin de non danar a imaxe do concello, do...

A Deputación colabora con “Ultreia Ourense”, punto de partida dun ciclo de eventos para...

0
A vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa, participou hoxe na sede da CEO, na inauguración desta xornada que pretende dinamizar o ecosistema empredendor das...

A vicepresidenta da Deputación acude á 3ª Edición do Congreso Internacional de Automoción e...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acudiu hoxe á 3ª Edición do Congreso Internacional de Automoción e Mobilidade, o Automob Summit, que...

Luis López destaca a importancia da colaboración entre administracións para executar investimentos clave como...

0
O presidente provincial, xunto coa vicepresidente Rafa Domínguez, visitou o centro educativo de Príncipe Felipe para comprobar o remate das obras de mellora da...

O vicepresidente da Deputación participa na presentación do Campionato de Europa de Ciclocrós 2024

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe na presentación do Campionato de Europa de Ciclocrós 2024, que se celebrará na Illa...

A Deputación organiza un seminario no Museo de Pontevedra centrado nos exvotos, romarías e...

0
‘A relixiosidade popular en Galicia: sinal de identidade cultural’ desenvolverase o próximo mércores 25 de setembro no Edificio Castelao A Deputación organiza no Museo de...

Publicacións Relacionadas