Free Porn
xbporn
Home Terra de Trives Chandrexa de Queixa Luis Menor empraza á Capitalidade de Montaña 2024 para mostrar o compromiso...

Luis Menor empraza á Capitalidade de Montaña 2024 para mostrar o compromiso de Ourense pola preservación ambiental, servizos e a loita contra o despoboamento

- Anuncio -

O presidente provincial participou na inauguración das xornadas que fixan a Chandrexa de Queixa como primeiro emprazamento da Capitalidade de Montaña de España 2024, distinción compartida este ano coa Pobra de Trives, Manzaneda e San Xoán de Río

“Enerxía e Deporte. Oportunidades para o Medio Rural” é o título das xornadas desenvolvidas en Chandrexa, inauguradas polo presidente provincial; o alcalde, Francisco Rodríguez; e o presidente de EsMontañas, Miguel Gracia

As xornadas comezaron cun relatorio sobre o modelo de concesións hidroeléctricas, coa participación da directora xeral da auga do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, María Dolores Pascual Vallés; do presidente de Femembalses, #Luis Fernando García Nicolás; e do presidente do Inorde, Rosendo Fernández

O Centro Multiusos de Chandrexa de Queixa albergou hoxe a inauguración das xornadas que dan comezo á Capitalidade da Montaña de España 2024, unha distinción, outorgada pola Asociación EsMontañas, que por vez primeira recae en Galicia, concretamente nos municipios de Chandrexa de Queixa, A Pobra de Trives, Manzaneda e San Xoán de Río.

Baixo o título “Enerxía e Deporte. Oportunidades para o Medio Rural” articúlanse as xornadas que hoxe se iniciaron en Chandrexa de Queixa, onde o seu alcalde, Francisco Rodríguez manifestou a importancia deste recoñecemento: “Espero e desexo representar a oportunidade de unirnos, de fortalecer lazos, de colaborar por seguir traballando por un futuro mellor para os nosos territorios de montaña”, agradecendo por iso a cooperación da Deputación e de EsMontañas.

O presidente provincial, #Luis Menor, agradeceu tamén a EsMontañas o recoñecemento outorgado a Chandrexa de Queixa, A Pobra de Trives, Manzaneda e San Xoán de Río, “municipios que durante 2024 ostentan tan insigne recoñecemento, senón que o é para toda a provincia. Desde a Deputación de Ourense sentimos honrados de que estas catro localidades sexan o escaparate nacional e a voz representativa de todos os pobos de montaña de España”. Recalcou tamén que é “sen dúbida, unha honra para esta provincia e para Galicia, pois nunca antes esta distinción recaeu en ningún municipio galego”.

Así mesmo, Menor explicou que na xornada de hoxe en Chandrexa “buscaremos poñer o foco na importancia das enerxías renovables como motores de desenvolvemento e sustentabilidade para os municipios rurais, así como poñer énfases no turismo deportivo como panca de desenvolvemento dos pobos de montaña”, deixando claro que “se algo demostraremos desde Ourense é que con esta Capitalidade de Montaña, mostraremos a España o noso compromiso e interese pola preservación ambiental, así como pola loita contra o despoboamento e o mantemento dos servizos”.

O presidente de EsMontañas (que aúna a 300 municipios e 8 deputacións), Miguel Gracia, destacou o valor do territorio que este ano concentra a Capitalidade de Montaña 2024, e a colaboración da Deputación de Ourense neste proceso. “Os pobos de montaña temos características especiais e problemas comúns, de aí a importancia de que nos entendamos entre nós, conformándonos como un lobby de promoción“.

Enerxía e Deporte

As xornadas comezaron cunha conferencia titulada “Un novo modelo nas concesións das explotacións hidroeléctricas”, coa participación da directora xeral da auga do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, María Dolores Pascual Vallés; do presidente de Femembalses, #Luis Fernando García Nicolás; e do presidente do Inorde e deputado provicial, Rosendo Fernández, que exerceu de moderador. Precisamente, nesta mesa Fernández lembrou a “débeda histórica que existe cos territorios cedentes de enerxía, fundamental para o desenvolvemento de todo un país. Estes territorios maltratados no seu momento, deben ser compensados”, sinalou.

A seguinte conferencia desenvolvida en Chandrexa de Queixa levou por título “Turismo deportivo, un camiño cara á sustentabilidade e o desenvolvemento”, concluíndo a xornada coa entrega de placas conmemorativas da capitalidade.

A seguinte xornada dentro da Capitalidade de Montaña 2024, será en xuño en Manzaneda e versará sobre xestión ambiental e casos de éxitos de emprendemento. No mes de setembro tocaralle a Pobra de Trives co 8º Congreso de EsMontañas, abordando, entre outros moitos, temas lexislativos, turísticos, demográficos e de políticas europeas. Os actos da Capitalidade da Montaña de España concluirán o 15 de novembro en San Xoán de Río, coa importancia dos mozos e as mulleres para o desenvolvemento do rural.

Recoñecemento por unanimidade

Este recoñecemento da Capitalidade da Montaña de España 2024 foi acordado por unanimidade pola Comisión Executiva da Asociación EsMontañas. Este colectivo, sen ánimo de lucro, naceu hai 11 anos a iniciativa dun grupo de alcaldes e senadores das zonas de montaña, co fin de reivindicar as súas necesidades e promover as melloras lexislativas e accións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos seus habitantes, frear o despoboamento e xerar desenvolvemento económico e social nestes territorios.

Relacionadas

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

A Deputación abre este venres o prazo para solicitar as axudas para a realización...

0
Con esta liña de subvencións, por concorrencia competitiva, o goberno de Luis López busca fomentar o turismo na provincia distribuíndo axudas que ascenden a...

A Deputación recibe este domingo 28 de xullo a 140 cativos de 29 concellos...

0
Durante seis días os pequenos desfrutarán nas instalacións do Grove dun amplo programa con actividades educativas, culturais, deportivas e formativas Os campamentos da Lanzada da...

A Deputación leva este sábado a Budiño ata Moaña e a Dakidarría ata Tomiño...

0
O concerto de Budiño terá lugar ás 23:30 horas no Paseo marítimo de Moaña e o de Dakidarría ás 22:30 horas na Praza do...

Publicacións Relacionadas