HomeDeputaciónsDeputación OurenseLuis Menor felicita ao Concello de Monterrei por recuperar a súa “Xuntanza...

Luis Menor felicita ao Concello de Monterrei por recuperar a súa “Xuntanza de Maiores”

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial participou nesta celebración adicada ás persoas maiores do Concello de Monterrei e no que participaron medio millar de asistentes. Menor lembrou que “as administracións temos a obriga de coidar das persoas”, poñendo como exemplo a acción desenvolvida pola Deputación a través dos seus programas de Benestar

O presidente provincial, Luis Menor, participou  na celebración da “Xuntanza de Maiores” de Monterrei, unha cita adicada ás persoas maiores deste municipio e que foi recuperada logo de 6 anos sen celebrarse, motivo polo que Menor felicitou ao Concello de Monterrei, personificado no seu alcalde, José Luis Suárez Martínez, por esta iniciativa.

Esta cita festiva congregou a medio millar de participantes e Menor lembrou que “as administracións temos a obriga de coidar das persoas”, poñendo como exemplo a acción desenvolvida pola Deputación a través dos seus programas de Benestar”.

Publicacións Relacionadas