HomeOurenseA LimiaLuis Menor inicia os contactos cos alcaldes da provincia para escoitar as...

Luis Menor inicia os contactos cos alcaldes da provincia para escoitar as súas propostas e detallar as novas liñas estratéxicas da Deputación

- Anuncio -spot_img

O presidente da institución provincial mantivo esta mañá unha rolda de encontros cos rexedores de Trasmiras, Allariz, Os Blancos, Gomesende, Parada do Sil, San Cristovo de Cea e Castrelo de Miño

O presidente da Deputación vén de iniciar unha rolda de contactos cos alcaldes da provincia, co fin de escoitar as súas propostas e necesidades, ademais de explicarlles persoalmente as novas liñas estratéxicas que marcarán a xestión da institución provincial.

Luis Menor recibiu no Pazo Provincial aos alcaldes de Trasmiras, Emilio Pazos; Allariz, Cristina Cid; Os Blancos, José Manuel Castro; Gomesende, Pura Rodríguez; Parada de Sil, Aquilino Domínguez; San Cristovo de Cea, José Luis Valladares; e Castrelo de Miño, Avelino Pazos.

Os encontros cos rexedores ourensáns continuarán nas próximas semanas para analizar polo miúdo os proxectos nos que está colaborando a Deputación e as necesidades dos concellos, co fin de articular mecanismos eficaces de cooperación institucional.

Esta rolda de contactos complementa o programa de visitas que vén realizando Luis Menor a distintos puntos da provincia, no marco dun dos seus eixos de traballo que pasa por ter unha presenza continua no territorio.

Publicacións Relacionadas