Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor, na visita á base aérea de Verín-Oímbra, ratifica a colaboración...

Luis Menor, na visita á base aérea de Verín-Oímbra, ratifica a colaboración coa Xunta “para converter a Ourense nun territorio máis seguro”

- Anuncio -

O presidente da Deputación de Ourense, que acompañou ao presidente da Xunta na visita ao aeródromo transfronteirizo, agradeceu a Alfonso Rueda o seu compromiso con Ourense que “hoxe se materializa coa maior obra en materia de incendios realizada en moitos anos”

Luis Menor que a administración provincial foi a primeira en colaborar coa Consellería de Medio Rural en materia de prevención de incendios forestais

O convenio deste ano vai máis aló e contempla como novidade impartir formación especializada ao persoal municipal e a posta en marcha de catro programas piloto para dotar de 16 brigadas de prevención e extinción de incendios por seis meses a outras tantas mancomunidades

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acompañou esta mañá ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, na visita á Base Aérea transfronteiriza de loita contra o lume ubicada nos concellos de Verín e Oímbra.
Trala visita a esta nova infraestrutura, Luis Menor comprometeuse a seguir traballando e cooperando coa Xunta “para converter a Ourense nun territorio máis seguro”. Agradeceu así ao presidente da Xunta o seu compromiso con Ourense que “hoxe se materializa coa maior obra en materia de incendios realizada en moitos anos”.
Luis Menor lembrou que a Deputación de Ourense foi a primeira administración provincial galega en colaborar coa Consellería de Medio Rural en materia de prevención de incendios forestais.
Este convenio coa Consellería de Medio Rural en materia de prevención de incendios forestais, a través do cal a Deputación destina 3 millóns de euros para as anualidades 2024, 2025 e 2026, inclúe a realización de actuacións conxuntas para o mantemento e a conservación das infraestruturas preventivas e da contorna agrofororestal no territorio provincial.
No convenio deste ano, ademais destes traballos e da adquisición de ata 12 tractores rozadoiras, inclúese como novidade poñer en marcha catro programas piloto para dotar de 16 brigadas de prevención e extinción de incendios por seis meses a outras tantas mancomunidades municipais da provincia, así como ofrecer formación especializada ao persoal municipal e das mancomunidades a través do Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas