HomeDeputaciónsDeputación OurenseLuis Menor: “O Congreso Ourense Territorio Emprendedor demostra que a nosa provincia é creativa...

Luis Menor: “O Congreso Ourense Territorio Emprendedor demostra que a nosa provincia é creativa e creadora, que cre e crea no territorio”

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación, Luis Menor, puxo en valor, hoxe en Expourense na inauguración deste simposio, o acaído que ten celebralo en Ourense, “a provincia do autónomo, para analizar conxuntamente as problemáticas e as necesidades deste colectivo fundamental na economía ourensá”

O Congreso é unha iniciativa organizada por AEPA e o Club do Emprendemento,  que converterá a Ourense nun punto de referencia nacional para o talento emprendedor, especialmente vinculado ao desenvolvemento rural e ao impulso económico do territorio

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe en Expourense, na inauguración do Congreso “Ourense Territorio Emprendedor”, unha iniciativa organizada por AEPA e o Club do Emprendemento, e que converterá a Ourense nun punto de referencia nacional para o talento emprendedor, especialmente vinculado ao desenvolvemento rural e ao impulso económico do territorio.

O presidente provincial felicitou aos organizadores desta iniciativa que “non podería realizarse terse nun lugar mellor que en Ourense, a provincia do autónomo, para analizar conxuntamente as problemáticas e as necesidades deste colectivo fundamental da economía ourensá”.

Neste sentido, Luis Menor lembrou que se por algo é coñecida a nosa provincia é por ser “creativa e creadora, que cre e crea no territorio, e este congreso volve a demostralo”.

Un traballo, que lidera AEPA, pero que debe ir necesariamente acompañado de “políticas públicas que propicien o desenvolvemento empresarial nos nosos territorios e, polo tanto, que contribúan á xeración de riqueza e creación de emprego”, dixo Menor.

Con esta máxima, desde a Deputación lévanse a cabo diversos programas e iniciativas que impulsan o emprendemento na provincia para “ofrecer o mellor escenario posible” para que as persoas que queiran levar a cabo o seu proxecto ou idea de negocio, escolla Ourense para facelo, explicou o presidente da Deputación.

Ademais, coa pretensión de afrontar o reto demográfico e de fomentar o emprendemento no noso rural, desde a institución provincial lévanse a cabo diversas accións como por exemplo o proxecto “EmprendOU”, o “EmprendOU en feminino–8M”, ou a colaboración coa CEO no Plan ReActiva Ourense para o fomento dixital do emprego e Emprendemento. “Todo elo co obxectivo de contribuír a potenciar esa cultura emprendedora que na nosa provincia ocupa un lugar tan destacado”, engadiu Menor.

Precisamente, este congreso pretende fortalecer o ecosistema emprendedor provincial, a colaboración público-privada e o papel de Ourense como provincia con grandes oportunidades para iniciar e  consolidar proxectos empresariais.

Publicacións Relacionadas