O presidente provincial, Luis Menor, recibiu esta mañá á directiva da Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Ourense, encabezada polo seu presidente, Emilio González, reunión na que os empresarios expuxeron o longo proceso que están a vivir desde 2018, data do seu traslado provisional, e o seu desexo de instalarse canto antes no renovado edificio.
Ademais de recalcar que a execución da obra ten puntos por rematar, os praceiros tamén abundaron en necesidades como a construción dunha pasarela que facilite o acceso ao edificio, así como a dotación de máis prazas de aparcamento. Menor brindou a “cooperación institucional dentro das competencias propias e na medida das nosas posibilidades”.