test
Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor participa na Comisión de Deputacións, Cabildos e Consells Insulares da...

Luis Menor participa na Comisión de Deputacións, Cabildos e Consells Insulares da FEMP, afondando no papel vertebrador e cohesionador destes gobernos

- Anuncio -

Esta reunión, a segunda desta comisión específica da Federación Española de Municipios e Provincias, tivo lugar durante toda a xornada en Sevilla


O presidente provincial puxo en valor que esta comisión “busca poñer o foco “no papel vertebrador do territorio e de cohesión social que teñen os gobernos provincias, e que desde logo é a folla de ruta principal na Deputación de Ourense”

A Comisión de Deputacións, Cabidos e Consells Insulares, da FEMP, reuniu esta mañá en San Luis dos Franceses, en Sevilla, a máis dunha trintena dos seus presidentes e presidentas, entre os que participou o titular da Deputación de Ourense, Luis Menor. A reunión, a primeira que celebra a Comisión tras ser constituída no Senado, en febreiro pasado, foi foro para debater diversas cuestións organizativas e lexislativas de grande interese para estes gobernos provinciais e insulares.

Luis Menor enxalzou que esta comisión da Federación Española de Municipios e Provincias “busca poñer o foco no papel vertebrador do territorio e de cohesión social que teñen os gobernos provincias, e que desde logo é a folla de ruta principal que temos na Deputación de Ourense”.

Precisamente os máximos responsables desta comisión, o seu presidente e vicepresidente, expresaban os argumentos que rexeron esta reunión. “As Deputacións son as Administracións que vertebran os territorios e a nosa obrigación é levar os servizos a todos os municipios da provincia, con independencia do seu número de habitantes”, manifestaba o presidente da Deputación de Almería, Javier Aureliano García, presidente tamén da Comisión de Deputacións, Cabidos e Consells Insulares da FEMP

O seu homólogo na provincia anfitrioa, Javier Fernández, vicepresidente desta Comisión da Federación, subliñou ademais o compromiso municipalista dos Gobernos de provincias e illas ao referirse aos retos que afrontan, e que van desde o financiamento das Entidades Locais ata “o modelo urbano das nosas cidades o reto demográfico, o equilibrio e a cohesión social, territorial e dixital”.

Relacionadas

A Deputación acolle desde este luns cursos de competencias dixitais para nenos e mozos...

0
Os cursos, que terán lugar na aula CeMIT da institución provincial ata o 31 de xullo, están deseñados para ensinarlles conceptos básicos sobre ferramentas...

A Deputación outórgalle o título de honra de Filla Predilecta da Provincia á cardióloga...

0
O presidente Luis Menor, recalcou que “estamos ante unha das persoas con maior prestixio de Ourense, unha eminencia da Cardioloxía” e recalcou que “grazas...

Luis Menor confía en Sandra Quintas para a Secretaría Xeral do Partido Popular de...

0
·      É a “persoa idónea” para o segundo posto en responsabilidade do PPdeOU, dixo o candidato á presidencia do partido, lembrando que ocupou a secretaría...

O Grupo Rebulir representará a Galicia no Festival Intercéltico de Lorient (Francia) con diversos...

0
O director da área de Cultura e Deporte, Marcos Vázquez, fai entrega a Alexandre Sotelino, director do Grupo Rebulir, de diversos instrumentos musicais tradicionais...

O Pleno do Concello expresa o apoio de todos os grupos políticos ao persoal...

0
O Concello de Ourense, por acordo de todos os grupos políticos con representación municipal, expresou o seu apoio ao persoal da empresa Hispamoldes e...

Luis López destaca a achega da Guarda ao destino Rías Baixas con atractivos como...

0
O presidente provincial convida, na inauguración de edición número 32 da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, a todo o mundo a desfrutar...

Publicacións Relacionadas