O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou na entrega de medallas do Campionato do Mundo de Atletismo en Pista Corta VIRTUS 2026, celebrado na pista cuberta de Expourense, unha cita internacional que reúne na provincia a deportistas con discapacidade intelectual chegados de diferentes países.
Durante o acto, Menor felicitou aos atletas polos seus resultados e destacou o exemplo de esforzo, superación e espírito deportivo que representan. O presidente provincial subliñou ademais que este campionato “é moito máis ca unha competición”, xa que transmite unha mensaxe clara de inclusión, igualdade de oportunidades e valores no deporte.
O responsable provincial tamén puxo en valor a capacidade de Ourense para acoller grandes eventos internacionais e destacou que a celebración deste mundial contribúe a reforzar o posicionamento da provincia como referente do deporte inclusivo, ademais de proxectar a imaxe de Ourense no ámbito deportivo e social.



