Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor participou no acto institucional do Día da Merced no Centro...

Luis Menor participou no acto institucional do Día da Merced no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar

- Anuncio -

O presidente provincial, que tralo remate do acto, alabou o traballo dos profesionais implicados a prol de ofrecer novas oportunidades de inserción social aos internos, entregou diversos recoñecementos e mencións honoríficas

Con motivo do Día da Merced, patroa das institucións penitenciarias, o presidente provincial, Luis Menor, participou no acto institucional que cada ano organiza o centro penitenciario de Pereiro de Aguiar, e que contou tamén cunha representación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.

Luis Menor entregou varios recoñecementos, entre eles diplomas a internos; ao Mérito Social ao comandante da Garda Civil de Ourense, Rodrigo García; mencións honoríficas a funcionarios; e un recoñecemento especial á Federación de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental.

Ao remate do acto, Luis Menor destacou o labor fundamental que os profesionais dos máis diversos ámbitos desempregan no seu día a día para ofrecer unha nova oportunidade de inserción social aos internos. Apuntou tamén que a Deputación de Ourense ten abertas as portas á colaboración, destacando así as palabras do director do centro nas que anunciou a proxección, no mesmo salón no que se desenvolveu o acto de hoxe, dunha das películas programadas no Festival de Cine de Ourense: Honeymoon, do director Enrique Otero. Está programada dentro do 28º OUFF na Sección Oficial Internacional a concurso. A proxección será o vindeiro 2 de outubro ás 11.00 horas e contará con presentación e coloquio posterior, onde estarán o director, Enrique Otero, e o actor protagonista, Javier Gutiérrez.

O acto contou coa presenza do presidente da Audiencia de Ourense, Antonio Piña; a fiscala xefa da Audiencia, Eva Regueiro; o subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso; o director do centro penitenciario, Francisco González; o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén; e o concelleiro de Pereiro de Aguiar, Manuel Doval. Tamén asistiron representantes institucionais, da administración de Xustiza, dos corpos e forzas de seguridade do Estado e de entidades sociais que colaboran co centro penitenciario, pola súa importancia de apoio a través do voluntariado.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas