HomeDeputaciónsDeputación OurenseLuis Menor pon en valor o traballo do voluntariado de Cruz Vermella...

Luis Menor pon en valor o traballo do voluntariado de Cruz Vermella Ourense afirmando que o seu “compromiso e solidariedade converten este mundo nun lugar mellor”

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial participaba esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel na xornada organizada por esta entidade para conmemorar o Día Internacional do Voluntariado que é mañá venres, 5 de decembro

Baixo o lema “Vive a maxia do voluntariado”, Cruz Vermella pretende facer unha chamada á acción para que a xente se sume a facer voluntariado onde a principal cualidade que debe ter é a empatía, representada durante a xornada a través dun espectáculo de maxia

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na xornada organizada por Cruz Vermella Ourense para conmemorar o Día Internacional do Voluntariado que ten lugar mañá venres, 5 decembro, con representantes de todas as asembleas comarcais da provincia e dos diferentes programas que lidera esta organización.

Na xornada, celebrada baixo o lema “Vive a maxia do voluntariado”, o presidente provincial puxo en valor o traballo do voluntariado desta “centenaria entidade” afirmando que o seu “compromiso e solidariedade converten este mundo nun lugar mellor”.

Con este acto, Cruz Vermella pretende facer unha chamada á acción para que a xente se sume a facer voluntariado onde a principal cualidade que debe ter é a empatía, representada durante a xornada a través dun espectáculo de maxia.

Neste sentido, o presidente provincial insistiu no acaído que é o lema deste ano afirmando que “simboliza á perfección a maxia do voluntariado, esa maxia que cambia vidas e onde reina a empatía”. Nesa mesma liña, o presidente de Cruz Vermella Ourense, Felipe Ferreiro destacou que na provincia son máis de 2.700 persoas as persoas voluntarias que presentan “un compromiso extraordinario coa comunidade”, desempeñando labores de acompañamento aos nosos maiores, apoio ás familias, a intervención en emerxencias ou impulsando proxectos de inclusión e emprego.

Ambos presidentes coincidiron na “vinculación histórica” que existe entre a Deputación de Ourense e Cruz Vermella Ourense, xa que Cruz Vermella Ourense nacía aquí, no Pazo Provincial, a finais do século XIX. Desde entón, a Deputación vén colaborando cos gastos de funcionamento desta organización, pero tamén en cuestións específicas como a adquisición de ambulancias ou co programa de apoio á infancia. 

Publicacións Relacionadas