test
Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor propón ás Vilas Termais da FEMP situarse como destino para...

Luis Menor propón ás Vilas Termais da FEMP situarse como destino para nómades dixitais, como xa desenvolverá este ano a Deputación

- Anuncio -

O presidente da Deputación de Ourense e da Sección de Entidades Locais con augas Minerais e Termais da Federación Española de Municipios e Provincias, inaugurou en Guitiriz a Asemblea Constitutiva e XVIII encontro desta sección

Anunciou que na Xunta de Goberno da institución ourensá aprobarase o Primeiro Programa de Termalismo para Nómades Dixitais, cuxos resultados se presentarán no Congreso de Archena: “os primeiros que abran a súa oficina e traballen desde un balneario poderán facelo no mes de setembro”, sinalou

Adiantou que a Deputación de Ourense estuda un programa de termalismo personalizado para lesionados medulares, recuperacións de accidentes cardiovasculares e persoas que sufrisen ictus. “Debemos intensificar os nosos esforzos no benestar emocional e a saúde mental”

Menor avogou pola cooperación e colaboración como eixos fundamentais do desenvolvemento termal, “non só entre administracións, senón entre as propias vilas”, e avanzou que destas xornadas de traballo no Iberik Gran Balneario de Guitiriz crearase un convenio tipo ao dispor dos 77 membros desta rede para potenciar as súas sinerxias

A Asemblea Constitutiva e XVII Encontro da Sección de Entidades Locais con Augas Minerais e Termais da Federación de Municipios e Provincias de España foi inaugurada esta mañá no Iberik Gran Balneario de Guitiriz (Lugo). O presidente provincial, #Luis Menor, que durante a presente lexislatura ostenta tamén a Presidencia desta sección da FEMP, foi o encargado de inaugurar estas xornadas, xunto á alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e a representante da Secretaría de Estado de Turismo, María Velasco.

Menor articulou o seu discurso ao redor da importancia da cooperación e colaboración como eixos fundamentais do desenvolvemento termal, “non só entre administracións, senón entre as propias vilas”, puntualizou, avanzando que nestas xornadas crearase un convenio tipo ao dispor dos 77 membros que conforman esta sección da FEMP.

Tamén anunciou o presidente a intención de crear un grupo de traballo de Vilas Termais durante estas xornadas de traballo que identifique e avalíe programas públicos de termalismo de ámbito local, provincial e autonómico, “co obxectivo de darlle maior visibilidade aos mesmos e traballar na transferencia de boas prácticas”.
Neste sentido, argumentou tamén a importancia que ten para o sector e para os balnearios o Programa do IMSERSO, “por iso avanzaremos na creación da Mesa Vilas Termais-Balnearios, cuxo obxectivo será recoller todas as propostas de mellora expostas e que a FEMP as traslade directamente ao ministerio competente”.

Termalismo de saúde
Precisamente, Luis Menor recalcou que “as Vilas Termais temos unha importante responsabilidade social, xa que posuímos un recurso que se debe poñer en valor, non só en termos de turismo termal, senón en termos de saúde”, lembrando que desde a Deputación de Ourense están a desenvolverse e cofinanciando programas de termalismo personalizado (para persoas en soidade non desexada e para persoas con diversidade funcional), “e estamos a estudar a próxima posta en marcha dun programa para lesionados medulares, para recuperacións de accidentes cardiovasculares e para persoas que sufrisen ictus. Debemos entre todos intensificar os nosos esforzos no benestar emocional e a saúde mental dos nosos veciños”.

Destinos de gran potencial

Luis Menor tamén disertou achega do gran potencial e atractivo das Vilas Termais con visitantes cada vez máis preocupados polo benestar. Por iso, explicou que cada vez cobra máis relevancia a xeración de experiencias integrais máis completas,“capaces de combinar o potencial terapéutico das augas termais co doutros recursos gastronómicos, naturais, culturais e deportivos dispoñibles entre outros moitos, ao longo dunha rede cunha ampla oferta complementaria.

“Unha combinación, baseada na colaboración e a cooperación, que non só dá lugar a destinos máis ricos e interesantes, senón que tamén permite estender os beneficios socioeconómicos dun recurso tan especial como a auga termal. De aí sinalou a importancia de “traballar na sustentabilidade e dixitalización como eixos principais, aproveitando a colaboración en rede para ser máis fortes e resilientes”, sinalou.
Nómades dixitais

Neste contexto, Luis Menor proclamou a gran oportundiad que supón xerar experiencias e ofertas para novos perfís, polo que propón ás Vilas Termais que se posicionen como destino para os nómades dixitais: “así o imos a facer para as vilas da provincia de Ourense, e ertaría encantado de que esta puidese ser unha estratexia compartida con todos os membros da sección da FEMP”. De feito, avanzou que a Deputación de Ourense aprobará na Xunta de Goberno da próxima semana o primeiro Programa de Termalismo para Nómades Dixitais, cuxa primeira convocatoria de lanzará en xullo. “Os primeiros nómades que abran a súa oficina e traballen desde un balneario farano no mes de setembro”, anunciou, e os resultados desta primeira experiencia piloto presentaranse no Congreso de Archena.

Relacionadas

Luis López destaca a importancia de produtos innovadores como Tintilán, o bus turístico do...

0
O presidente provincial participa en Sanxenxo xunto co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na presentación dun proxecto piloto que se estreará este verán na...

Luis López adianta ao alcalde da Cañiza unha axuda de case 100.000 euros para...

0
O presidente provincial informou ao rexedor Luis Antonio Gómez Piña de investimentos por valor de máis de 1,3 millóns de euros ao abeiro de...

Rafa Domínguez presenta “Xulio Gil. Insercións” e remarca a calidade e beleza das pezas...

0
O vicepresidente provincial subliñou que “esta nova publicación contribuirá a completar o amplo catálogo do servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra” Participaron no acto...

A Deputación inaugura na Biblioteca municipal de Dozón a exposición “Achegas das mulleres á...

0
A mostra, enmarcada nun proxecto conxunto co Campus do Mar da Universidade de Vigo, pon en valor o papel das mulleres no uso responsable...

Luis Menor ponse a disposición da militancia para ofrecer a Ourense un proxecto de...

0
·        Para un labor máis eficiente dos representantes públicos en calquera área, pero cunha especial atención ao mundo local, propuxo recuperar o gabinete de asesoría...

O Concello celebra a proposta do COE de que a ourensá Támara Echegoyen sexa...

0
O alcalde Gonzalo Pérez Jácome asegura que “é un orgullo e unha inmensa ledicia” para Ourense, e destaca a figura da regatista, campioa olímpica,...

Publicacións Relacionadas