HomeDeputaciónsDeputación OurenseLuis Menor reclama unidade “máis aló de ideoloxías e cores” na loita...

Luis Menor reclama unidade “máis aló de ideoloxías e cores” na loita por unha sociedade “igualitaria e xusta” 

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reclamou hoxe unidade “máis aló de ideoloxías e cores” na loita por unha sociedade “igualitaria e xusta”. Así o manifestou durante o acto organizado pola Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) para poñer en valor ás políticas de igualdade no ámbito local.

Unha cita na que Luis Menor, como alcalde de Pereiro de Aguiar, recolleu o recoñecemento do CSIF ao Plan de igualdade máis innovador nas administracións públicas de Ourense, polo I Plan de igualdade do persoal municipal do Concello do Pereiro de Aguiar.

Menor sinalou que a iniciativa do CISF dá visibilidade ao compromiso e implicación que teñen os pequenos concellos a prol dunha problemática social “que nos debe preocupar e ocupar a todos”.

Como presidente da Deputación lembrou que a igualdade tamén é unha das prioridades da institución provincial, “de maneira integral e desde todas as áreas” para lograr que a provincia sexa máis igualitaria, citando iniciativas como o programa “8M, mes a mes”, que desde 2024 visibiliza a presenza feminina en sectores laborais tradicionalmente masculinizados, poñendo en valor a súas traxectorias persoais e profesionais, creando así referentes na provincia.

Publicacións Relacionadas