HomeDeputaciónsDeputación OurenseLuis Menor reivindica a “promoción” dunha comarca “rica e próspera” como Valdeorras...

Luis Menor reivindica a “promoción” dunha comarca “rica e próspera” como Valdeorras coa saída de La Vuelta

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial fixo un chamamento á “cordura” durante a proba deportiva, destacando o “respecto ao dereito a manifestación”, pero “con normalidade e seguridade”

A Deputación destina 800.000 euros ao impulso da provincia como territorio de acollida de eventos deportivos nacionais e internacionais

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou hoxe a saída da etapa 17 de La Vuelta, en O Barco de Valdeorras, que se converteu por primeira vez en sede da saída dunha etapa neste evento deportivo de referencia internacional. Menor aproveitou para reivindicar a “promoción” dunha comarca “rica e próspera” como Valdeorras, a través de eventos de “máximo nivel” como La Vuelta que “dan visibilidade”.

En declaracións aos medios, o presidente provincial fixo un chamamento á “cordura”, destacando o “respecto polo dereito a manifestacións”, pero “reivindicando a normalidade e a seguridade” nun evento como La Vuelta que, ademais, dixo Menor, “supón unha gran oportunidade para a comarca de Valdeorras e todo o seu potencial”.

O presidente provincial tamén coñeceu o amplo dispositivo de seguridade e mobilidade da Garda Civil de Tráfico.

800.000 euros para acoller eventos deportivos

A Deputación de Ourense mantén como un dos seus eixos estratéxicos en política deportiva conseguir que a provincia sexa sede de grandes eventos nacionais e internacionais. Así, a institución provincial destina un total de 800.000 euros para o impulso da provincia como territorio de acollida de importantes eventos deportivos.

A vinculación da provincia con La Vuelta vén de lonxe. Xa pasou por primeira vez por terras ourensás en 1980 e, desde entón, esta proba tivo saídas de etapa, percorridos intermedios e chegadas na provincia e na capital en once ocasións.A etapa 17 desta edición, con saída dende o Barco, consta e 144 kilómetros, con chegada ao Alto de El Morredero (Ponferrada).

Publicacións Relacionadas