Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor traslada á Asociación Centro Comercial Aberto O Barco o apoio...

Luis Menor traslada á Asociación Centro Comercial Aberto O Barco o apoio da Deputación ao sector local, “clave” para o desenvolvemento do territorio

- Anuncio -

Os directivos do CCA O Barco deron a coñecer proxectos como a pasarela de moda que celebrarán proximamente e outras actividades de dinamización na comarca

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo un encontro de traballo con representantes da Asociación Centro Comercial Aberto de O Barco, (CCA O Barco), co obxectivo de escoitar as necesidades desta importante plataforma de comerciantes do oriente ourensán e trasladarlles o apoio e a colaboración da institución ourensá ás iniciativas que fomentan o comercio local, “clave” para o desenvolvemento do territorio.

Luis Menor, acompañado pola deputada especial para Valdeorras, María del Carmen González, atendeu ao presidente de CCA O Barco, Jacobo Arias, e á xerente da asociación, Ángeles Vispo.

O presidente provincial destacou a “importancia” desta asociación ao aglutinar ata un cento de establecementos do sector.

Os directivos do CCA O Barco deron a coñecer proxectos como a pasarela de moda que celebrarán próximamente e outras actividades de dinamización na comarca. Neste sentido, Luis Menor reiterou o apoio da Deputación a esta agrupación, tanto en materia de gastos como de proxectos concretos, para garantir a súa viabilidade.

Relacionadas

A Deputación coedita xunto ao Grupo Marcelo Macías a publicación “Castromao”, de Francisco Fariña...

0
Trátase dunha Guía pretende ser unha invitación a achegarse a Castromao (Celanova, Ourense) e aproveitar para gozar da paisaxe e coñecer algún dos elementos...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para...

0
O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil...

Deputación reforza a súa colaboración coa Asociación de Empresarios de Valdeorras para consolidar a...

0
O presidente provincial, Luis Menor, mantivo un encontro de traballo coa directiva da Asociación de Empresarios de Valdeorras, destacando “o dinamismo” deste colectivo que...

A Deputación inaugura a Oficina Transfronteiriza de Apoio á Transición Enerxética para asesorar proxectos...

0
O deputado de Medio Ambiente e Enerxía, José María Lago, visitou as instalacións dende as que se prestará servizo técnico e xurídico a todas...

La Región retira a súa demanda ao Concello de Ourense por non convocar roldas...

0
A súa desestimación está á espera de ser admitida O Goberno municipal acaba de coñecer que o xornal La Región vén de desistir da súa...

A Deputación presenta en Lalín os programas de Acción Comunitaria que deixarán 2,4 millóns...

0
O presidente provincial Luis López, xunto co deputado Javier Tourís, lembrou que o ano pasado beneficiáronse destes programas 14 colectivos veciñais e unha comunidade...

Publicacións Relacionadas