HomeDeputaciónsDeputación OurenseLuis Menor traslada ao subdelegado do Goberno en Ourense a necesidade de...

Luis Menor traslada ao subdelegado do Goberno en Ourense a necesidade de eliminar as regras fiscais que “nos impiden cooperar cos concellos afectados polos incendios forestais”

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial, Luis Menor, mantivo hoxe un encontro de traballo co subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, no que lle trasladou a “enorme preocupación” derivada da reactivación destas regras fiscais no “peor dos escenarios” na nosa provincia

Menor lembroulle que a Corporación Provincial aprobou por unanimidade no pasado Pleno a eliminación destas restricións financeiras, “máis que xustificadas pola situación que temos en Ourense onde máis de 40 concellos se viron afectados polos lumes”

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo hoxe un encontro de traballo co subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, para trasladarlle a “enorme preocupación” do goberno provincial e dos concellos pola situación xerada pola reactivación das regras fiscais no “peor dos escenarios posibles”.

Na reunión na Subdelegación do Goberno, Menor explicou que a reactivación destas restricións limita ás administracións, en especial ás que están perfectamente saneadas, para que os investimentos financeiramente sostibles “se poidan desgravar para poder mellorar a regra de gasto”.

Neste sentido, Luis Menor reivindicou que no caso da Deputación ourensán, que ten “débeda cero”, “se nos obriga a tomar medidas de restrición no gasto por incumprir esas regras fiscais”, provocando que, a pesar de contar cun remanente de máis de 20 millóns de euros, “non podemos atender as necesidades dos concellos e entidades da provincia”.

Unha situación que, como lembrou Luis Menor, no caso de Ourense agrávase pola vaga de lumes, xa que non permite nin á Deputación transferir fondos aos concellos, nin aos propios concellos afectados polos lumes con capacidade económica para realizar investimentos, “facer fronte ás emerxencias derivadas desta situación”.

Menor lembroulle que a Corporación Provincial aprobou por unanimidade no pasado Pleno a eliminación destas restricións financeiras e que volverán a levar este acordo a este Pleno de setembro porque está “máis que xustificada” a eliminación das regras fiscais “pola situación que temos en Ourense onde máis de 40 concellos se viron afectados polos lumes”.

O presidente da Deputación recibiu por parte do subdelegado o compromiso de dar traslado a esta petición e de informar sobre a resposta.

Publicacións Relacionadas