Home Ourense Allariz-Maceda Luis Menor verifica en Baños de Molgas “a boa saúde da cooperación...

Luis Menor verifica en Baños de Molgas “a boa saúde da cooperación cos concellos”, na súa visita ás obras financiadas pola Deputación

- Anuncio -

Xunto ao alcalde, Manuel Fernández Movilla, o presidente provincial visitou algunhas das obras que se executan mediante a colaboración provincial en Baños de Molgas, como a rexeneración do firme en Presqueira (45.100 euros), que tamén inclúe Nogueira de Abaixo

Estímase que coa financiación do Plan CooperOU e outras achegas, Baños de Molgas disporá neste mandato de máis de 1 millón de euros de fondos provinciais para obras e servizos

O presidente provincial, Luis Menor, realizou esta mañá unha visita ao concello de Baños de Molgas, acompañado polo seu alcalde, Manuel Ángel Fernández Movilla, e membros da Corporación. O obxecto da visita, tal e como está a realizar Luis Menor noutros municipios, é comprobar o grao de execución ou mesmo o resultado das obras levadas a cabo nas entidades locais grazas á colaboración provincial.
Menor constatou deste xeito “a boa saúde da cooperación cos municipios” tras supervisar a execución das obras financiadas pola Deputación, desta volta a mellora de vías municipais coa rexeneración do firme en Presqueira, que se estenderá tamén á localidade de Nogueira de Abaixo (45.100 euros). Unha obra que se enmarca nos plans do Goberno local para dotar de mellores accesos e acondicionar rúas en todos os pobos do municipio.
Os traballos de mellora en vías locais tamén se executará en Almoite (23.500 euros) e San Pedro de Ribeira (12.200 euros). Ademais tamén figura dentro do Plan CooperOU o bombeo en San Pedro de Ribeira (30.947,39 euros); a contratación de persoal para limpeza de marxes viarias ou traballos medioambientais (43.300 €); e a organización de actividades culturais e xuvenís (19.872,10 €).
Trala visita, Luis Menor mantivo un encontro de traballo co alcalde no que analizaron estes investimentos, aos que se suman outras achegas dispostas pola Deputación para a optimización enerxética do alumeado público (40.000 euros) o a humanización de rúas en Suatorre e Meaman (60.000 euros).
Neste sentido, o presidente provincial destacou que neste ano Baños de Molgas recibirá 182.919,85 € no marco do Plan CooperOU, programa que ao remate do mandato alcanzará os 793.869,28 euros.
Estímase que coa financiación do Plan CooperOU e outras achegas, Baños de Molgas disporá neste mandato de máis de 1 millón de euros de fondos provinciais para obras e servizos

Relacionadas

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

A Deputación proxecta este venres o filme “Matria” en Moraña no marco do Ciclo...

0
A película poderán verse este venres no Edificio Multiúsos ás 20:00 horas O ciclo, organizado pola institución provincial en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual,...

O 29 de novembro terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel o Seminario sobre...

0
Os concellos ourensáns que forman parte deste futuro AECT serán Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobios,  Lobeira, Baltar, Padrenda, Verea, Quintela do Leirado, Muíños,...

Publicacións Relacionadas